Archivo mensual: octubre 2020

Os rexistros civís de Galicia implantan a cita previa por Internet

A cita previa por Internet comeza a funcionar o 15 de outubro en Lugo, pero a partir do 1 de novembro será obrigatorio que a cidadanía reserve a súa cita antes de acudir A CALQUERA DAS INSTALACIÓNS DOS REXISTROS CIVÍS DE GALICIA de forma presencial.

O Rexistro Civil de Lugo comeza o 15 de outubro a dar cita previa a través de Internet para realizar determinados trámites e evitar, deste xeito, a coincidencia de varias persoas na súa sede e os desprazamentos innecesarios. Lugo convértese así no primeiro rexistro civil de Galicia en poñer en marcha este sistema, ao que se sumarán o resto de rexistros nos vindeiros días de outubro:

  • Pontevedra o 20/10/2020.
  • Santiago o 22/10/2020.
  • Ferrol o 26/10/2020.
  • Ourense o 28/10/2020.

A partir do 1 de novembro será indispensable que a cidadanía obteña vez para realizar todos estes trámites e descargue e cubra a documentación antes de acudir ás instalacións de forma presencial. A través da web http://www.xustiza.gal, os cidadáns poderán pedir cita e descargar os formularios que se deben presentar para levar a cabo cada un dos trámites. Ademáis, nela especificarase a documentación requirida, a fin de que a cidadanía se desprace á sede coa mesma e cos formularios cubertos, o que permitirá axilizar os trámites e evitar visitas innecesarias á sede xudicial.

EGAP. CONVOCATORIA II CURSO MONOGRÁFICO A INNOVACIÓN SOCIAL NO SECTOR PÚBLICO.

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2020 pola que se convoca o II curso monográfico A innovación social no sector público.

Obxectivos. Este curso ten como obxectivo principal familiarizar o alumnado cos conceptos e procesos básicos da innovación social, con especial atención á súa relevancia, aplicación e particularidades no sector público, entendendo por innovación social o deseño e posta en práctica de novas solucións (modelos, produtos, servizos e políticas) que permitan responder mellor que coas xa existentes a determinados retos sociais.

Persoas destinatarias.Persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica e entidades instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encadren nalgunha das seguintes categorías:

a) Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.

b) Grupos I e II do persoal laboral.

No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán ser cubertas por persoal empregado público pertencente a outras categorías.

Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Datas: do 2 ao 25 de novembro de 2020.

Horas lectivas: 20.

Número de prazas: 50.

 Inscrición.

A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 26 de outubro de 2020.

Amplía información aquí

CHAMAMENTOS DE INTERINOS 14-10-2020 (PUBLICACIÓNS EN CURSO)

A CORUÑA

-10235 XDO. PR. INST. E INSTR.N 1 BETANZOS  (Zona 1)

(CXPA): DESOCUPADO POR: BAIXA POR ENFERMIDADE

-10330 DECANATO, Servicio de Notificacións e Embargos (Zona 1)

(CAX): DESOCUPADO POR: OUTROS

-10345 XDO. DO PENAL Nº 2 A CORUÑA (Zona 1)

(CAX): DESOCUPADO POR: LIZENZA POR ENFERMIDADE

-10346 DECANATO Pr. I/I BETANZOS (Zona 1)

(CAX): DESOCUPADO POR: FAI UNHA SUBSTITUCIÓN NOUTRO XULGADO

PONTEVEDRA

-10355 XDO. VIOLENCIA SOBRE A MULLER  nº 1 VIGO ( SZ)

(CAX): DESOCUPADO POR: BAIXA POR ENFERMIDADE

Este mércores  14 de outubro de 2020 non foi posible a publicación a través do OPAX das prazas ofertadas do corpo de  tramitación procesual e administrativa por non existir a ratio de dúas persoas por praza.

Como consecuencia deberá comunicarnos no prazo de 24 horas (antes das 14:00 horas do xoves día  15 de outubro) a través do correo electrónico (servizoxustiza.vi@xunta.es) ou por fax  (986 817001) a aceptación das prazas ofertadas e a orde de preferencia.

As prazas ofertadas son:

▪️ AUDIENCIA PROVINCIAL SECCIÓN N.1 de PONTEVEDRA – CTPA- IT

▪️ XDO. PRIMEIRA INST. E INSTR. N.1 de CANGAS – CTPA – IT

▪️ XDO. PRIMEIRA INST. E INSTR. N.3 de PONTEAREAS –CTPA- IT

Sigue leyendo →

FORMACIÓN: CONVOCATORIA PROBAS DE AVALIACIÓN PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXISTAIS EN OFIMÁTICA

No día de hoxe publicouse no DOG, RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2020 pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.(CODIX)

Primeira. Obxecto

Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a superación dunha proba presencial en que se acreditarán os coñecementos, capacidades e destrezas definidos no Plan formativo ofimático de Galicia.

Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos, ou que os cumpran antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarios/as da rede CeMIT.

Contidos da proba

O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, do Catálogo nacional de cualificacións

As probas de avaliación terán lugar nas dependencias das aulas, localizacións que se poden consultar na web http://cemit.xunta.gal/centros

Solicitudes de participación Sigue leyendo →

JUBILACIONES-CLASES PASIVAS: Mantenimiento del sistema actual

Los jubilados pertenecientes al régimen de clases pasivas (entre ellos, profesores, jueces o militares) podrán seguir jubilándose a los 60 años. La comisión parlamentaria del Pacto de Toledo, que estos días ultima el debate para la inminente REFORMA DEL SISTEMA DE PENSIONES, mantendrá el derecho de estos empleados públicos a retirarse antes que el resto de los asalariados siempre que acrediten 30 años de servicio al Estado. Y, si tienen 35 cotizados, sin penalización en la nómina (haber regulador).

Tras la polvareda levantada por el traspaso de la gestión de estas pensiones, que antes abonaba el Ministerio de Hacienda y que ahora ha asumido Seguridad Social, con el fin de centralizar todas las prestaciones, LOS GRUPOS POLÍTICOS PARECEN DISPUESTOS A BLINDAR ESTE RÉGIMEN PREFERENCIAL PARA LOS FUNCIONARIOS AÚN ADSCRITOS A ÉL (desde el 2011, todos los nuevos trabajadores de la Administración se dan de alta en al régimen general). En total, son más de 633.000 los antiguos empleados públicos que cobran actualmente una pensión de clases pasivas (45.000 en Galicia), con una nómina conjunta de 1.162 millones al mes. Aunque la patata caliente estaba en qué iba a pasar con los otros 700.000 que siguen adscritos a esté régimen a extinguir, a los que se les quiere mantener el horizonte del retiro, como ha confirmado Colpisa. Sigue leyendo →