Archivo diario: 26/10/2020

Oferta das Prazas da Comunidade Autónoma de Madrid para os aprobados de Xestión Procesual e Administrativa.

e38a4-listado

A Comunidade de Madrid adianta a relación de prazas que serán ofertadas aos funcionarios de novo ingreso do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa.

Oposicións: OEP 2017/18. Auxilio Xudicial. Suspendido o exame previsto para o 12 de decembro

OPOSICIÓNSO próximo día 12 de decembro estaba prevista a celebración dos exames para o acceso ao corpo de Auxilio Xudicial.

Dada a situación da pandemia e o novo estado de alarma decretado, o Ministerio de Xustiza acordou suspender as ditas probas para as que xa se fixeran as reservas de aulas, malia non haberse oficializado a data.

En breve decidirase a nova data, probablemente a finais de xaneiro de 2021, se a situación sanitaria o permite.

Estes extremos xa foron transmitidos ás diferentes CCAA con competencias.

Manterémosvos puntualmente informados.

CARREIRA PROFESIONAL: MOI IMPORTANTE – REMATE DO PRAZO DE SOLICITUDES.

LEMBRAMOS QUE ESTE MARTES 27 DE OUTUBRO É O ÚLTIMO DÍA DO PRAZO PARA SOLICITUDE DE ACCESO EXTRAORDINARIO Ó GRADO 1 DA CARREIRA PROFESIONAL DA XUSTIZA GALEGA.