EGAP. CONVOCATORIA II CURSO MONOGRÁFICO A INNOVACIÓN SOCIAL NO SECTOR PÚBLICO.

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2020 pola que se convoca o II curso monográfico A innovación social no sector público.

Obxectivos. Este curso ten como obxectivo principal familiarizar o alumnado cos conceptos e procesos básicos da innovación social, con especial atención á súa relevancia, aplicación e particularidades no sector público, entendendo por innovación social o deseño e posta en práctica de novas solucións (modelos, produtos, servizos e políticas) que permitan responder mellor que coas xa existentes a determinados retos sociais.

Persoas destinatarias.Persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica e entidades instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encadren nalgunha das seguintes categorías:

a) Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.

b) Grupos I e II do persoal laboral.

No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán ser cubertas por persoal empregado público pertencente a outras categorías.

Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Datas: do 2 ao 25 de novembro de 2020.

Horas lectivas: 20.

Número de prazas: 50.

 Inscrición.

A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 26 de outubro de 2020.

Amplía información aquí

Los comentarios están cerrados.