
Chegou a segunda onda da pandemia e o goberno central volveu decretar o estado de alarma. Estamos nun momento crítico e temido polas autoridades sanitarias, polo que dende SPJ USO consideramos que a mellor ferramenta na loita contra COVID 19 é asumir un compromiso non só da Administración senón de todos traballadores que forman parte dela. Isto tradúcese nun cumprimento estrito das medidas de protección individuais e colectivas e aceptar un compromiso por parte de todos o que implica implicitamente o respecto non só para cada un de nós, senón tamén para todos os que nos rodean no ámbito laboral, familiar e social.
Por iso, consideramos que é o momento de articular medidas concretas que nos axuden a reducir as infeccións e previr posibles novos brotes para conseguir a súa rápida contención e eliminación. Sigue leyendo




















