Archivo diario: 20/10/2020

SPJ-USO INFORMA: PLAN DE FORMACION ANO 2021

INFORMACIONEsta mañá, celebrouse mesa do Comité de Formación en relación ao plan de formación para o ano 2021.

SPJ-USO, este ano, e de forma excepcional e nun exercicio de responsabilidade, dado a situación de crise sanitaria que estamos a sufrir, non vai solicitar a descentralización dos cursos e probas de avaliación, dado que consideramos que a formación e probas de avaliación durante o mantemento da crise sanitaria ha de ser exclusivamente mediante teleformación.

En primeiro lugar reiteramos na súa totalidade as propostas formativas para o ano 2021 presentadas recentemente por escrito de data 16/10/2020, no que SPJ-USO prestaba especial atención a:

A formación no Teletraballo ha de ser unha prioridade para a Administración, e por iso solicitamos a instauración de diferentes modulos formativos.

Esiximos da Administración que convoque as edicións necesarias para garantir que todos os funcionarios interesados poidan acceder aos cursos de linguaxe xurídica galega.

Formación para a preparación de oposicións online a traves da Plataforma da EGAP.

Formación de Formadores

A Formación Presencial inmediata para funcionarios que cambien de destino e interinos sen experiencia previa

Sigue leyendo

ACCIÓN SOCIAL 2020: LISTAXES PROVISIONAIS de ADMITID@S E EXCLUÍD@S‼️

ACCIÓN SOCIAL 2020: LISTAXES PROVISIONAIS de ADMITID@S E EXCLUÍD@S‼️

 No DOG de hoxe publícase a resolución pola que se aproban as listaxes provisionais das persoas admitidas e excluidas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2020.

☑️👉 O prazo para alegacións a estas listas é de 10 días hábiles contados a partires do día seguinte á publicación no DOG.

☑️👉 O acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.

▪️ Amplía información e accede ó DOGA ⤵️⤵️
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201020/AnuncioG0595-161020-2_gl.html

SPJ-USO: Contigo outro sindicalismo é posible!!!
FEITOS, non palabras!!!