Os rexistros civís de Galicia implantan a cita previa por Internet

A cita previa por Internet comeza a funcionar o 15 de outubro en Lugo, pero a partir do 1 de novembro será obrigatorio que a cidadanía reserve a súa cita antes de acudir A CALQUERA DAS INSTALACIÓNS DOS REXISTROS CIVÍS DE GALICIA de forma presencial.

O Rexistro Civil de Lugo comeza o 15 de outubro a dar cita previa a través de Internet para realizar determinados trámites e evitar, deste xeito, a coincidencia de varias persoas na súa sede e os desprazamentos innecesarios. Lugo convértese así no primeiro rexistro civil de Galicia en poñer en marcha este sistema, ao que se sumarán o resto de rexistros nos vindeiros días de outubro:

  • Pontevedra o 20/10/2020.
  • Santiago o 22/10/2020.
  • Ferrol o 26/10/2020.
  • Ourense o 28/10/2020.

A partir do 1 de novembro será indispensable que a cidadanía obteña vez para realizar todos estes trámites e descargue e cubra a documentación antes de acudir ás instalacións de forma presencial. A través da web http://www.xustiza.gal, os cidadáns poderán pedir cita e descargar os formularios que se deben presentar para levar a cabo cada un dos trámites. Ademáis, nela especificarase a documentación requirida, a fin de que a cidadanía se desprace á sede coa mesma e cos formularios cubertos, o que permitirá axilizar os trámites e evitar visitas innecesarias á sede xudicial.

Los comentarios están cerrados.