Archivo diario: 30/10/2020

Oposicións Xestión Quenda Libre. O Tribunal elimina o manual de autoevaluación.

OPOSICIÓNSNa páxina web do Ministerio de Xustiza o Tribunal Cualificador Único das probas selectivas para o ingreso no Corpo de Xestión Procesual e administrativa quenda libre publica o seguinte anuncio:

«Ante los numerosos problemas informáticos detectados con el modelo de autoevaluación propuesto (problemas de descarga, cumplimentación, firma y otros) se ha decidido eliminar dicho documento, ya que si bien la convocatoria prevé la aportación de dicho modelo, la implementación de la aplicación informática habilitada para la presentación de la documentación justificativa del historial profesional y la estimación de oficio del resto de méritos establecidos en la convocatoria, suplen la presentación del modelo de autoevaluación por los aspirantes.»

Tramitación Promoción Interna, publicación de destinos.

IMAGEN PERMISOSO Ministerio de Xustiza da a saber que a adxudicación de destinos aos aspirantes aprobados nas probas selectivas para ingreso no Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda promoción interna, convocadas por Orde JUS/404/2019, do 21 de marzo, publicarase no Boletín Oficial do Estado o día 17 de novembro de 2020.

Publicado no DOG as limitacións ordeadas pola Xunta de Galicia

última horaA Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia acaba de publicar no DOG  o DECRETO 178/2020, do 30 de outubro, onde se describen as restriccións de entrada e saída dos concellos e as limitacións da permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados en determinados ámbitos territoriais.

Queda restrinxida a entrada e a saída de persoas no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos:

  • Coruña e Arteixo
  • Pontevedra, Poio e Marín
  • Santiago de Compostela, Teo e Ames
  • Ferrol, Narón, Fene e Neda
  • Ourense e Barbadás
  • Carballiño, O Irixo e Boborás, Verín, Oímbra e Vilardevós
  • Vigo
  • Lugo
  • Vimianzo.

PICA AQUI PARA ACCEDER O DOG

SPJ-USO Informa: Certificado por desprazamentos debido ao peche perimetral de concellos en Galicia.

DEBIDO Á ORDE DA XUNTA DE PECHE PERIMETRAL DE CONCELLOS DE GALICIA A PARTIRES DA TRES DA TARDE, achegamos un modelo de CERTIFICADO/AUTORIZACIÓN de desprazamento que deberá firmar o Letrado da Administración de Xustiza ou responsable funcional do que dependades.

Concurso de Méritos para provisión duas prazas de Auxilio no Tribunal Constitucional e Corrección de erro nunha praza da CCAA de Andalucía, Cádiz.

BOE SPJ

No día de hoxe o Boletín Oficial do Estado publica a convocatoria de concurso de méritos para cubrir duas prazas de Auxilio Judicial no Tribunal Constitucional.

Así mesmo publica a corrección dun erro nunha praza de Tramitación no Servicio Común de La Linea de la Concepción, no concurso de traslados do 28 de xullo de 2020.