SPJ-USO INFORMA: PLAN DE FORMACION ANO 2021

INFORMACIONEsta mañá, celebrouse mesa do Comité de Formación en relación ao plan de formación para o ano 2021.

SPJ-USO, este ano, e de forma excepcional e nun exercicio de responsabilidade, dado a situación de crise sanitaria que estamos a sufrir, non vai solicitar a descentralización dos cursos e probas de avaliación, dado que consideramos que a formación e probas de avaliación durante o mantemento da crise sanitaria ha de ser exclusivamente mediante teleformación.

En primeiro lugar reiteramos na súa totalidade as propostas formativas para o ano 2021 presentadas recentemente por escrito de data 16/10/2020, no que SPJ-USO prestaba especial atención a:

A formación no Teletraballo ha de ser unha prioridade para a Administración, e por iso solicitamos a instauración de diferentes modulos formativos.

Esiximos da Administración que convoque as edicións necesarias para garantir que todos os funcionarios interesados poidan acceder aos cursos de linguaxe xurídica galega.

Formación para a preparación de oposicións online a traves da Plataforma da EGAP.

Formación de Formadores

A Formación Presencial inmediata para funcionarios que cambien de destino e interinos sen experiencia previa

Pola Administración maniféstasenos a dificultade de poder aumentar o orzamento para o ano 2021 e están a traballar en base ao orzamento que tiveron para este ano coa intención de continuar cos módulos xa impartidos e reducir no seu caso algún curso con baixa demanda ou mala valoración, co obxeto de incluír algún curso novo.

Conforme ao solicitado por SPJ-USO, a Administración manifesta que:

1.-INCLUIRÁN CURSOS NOVOS EN RELACIÓN CO TELETRABALLO.

2. INCREMENTARÁN EDICIÓNS DOS CURSOS CON MAIOR DEMANDA.

3.– IMPLANTACIÓN DAS AULAS DE TELEPRESENCIA para impartir formación presencial inmediata aos funcionarios que cambien de destino e interinos sen experiencia previa. Accederase a esta formación a través da plataforma da EGAP e a formación impartirase de forma informática no posto de traballo ao obxecto de compatibilizar a formación co traballo. Neste momento aínda están a concretar a súa convocatoria e matrícula e teñen intención de poder utilizalas no próximo concurso de traslados.

As Aulas de Telepresencia consistirán en pildoras formativas (cursos moi curtos sobre cuestións concretas) de 30/45 minutos que permitirá dar formación inmediata a todos os funcionarios que o necesiten.

4.– IMPLANTACIÓN DO CURSO DE FORMADOR DE FORMADORES, a fin de formar un grupo reducido de funcionarios xudiciais especializados que poidan encargarse da formación dos funcionarios xudiciais.

Para a súa implantación efectuarase unha selección previa e nunha primeira fase contemplan que este número sexa reducido a fin de que a formación sexa homoxénea e operativa en todo o territorio Galego. Con iso, pretenden que os formadores teñan uns criterios unificados que permita unha reciclaxe permanente dos funcionarios coas últimas novidades.

5.– CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA.

Despois de varias reunións coa Secretaría de Política linguistica e o INAP, están tentado solucionar o problema das poucas edicións que se convocan de cursos de linguaxe xurídica Galega.

A solución consistiría en que o INAP estableza unha colaboración coa Secretaría de Política lingüística, que permita que o INAP ofreza cursos de linguaxe xurídica galega que poidan realizar os funcionarios de xustiza, tanto os destinados no territorio galego como os que están fóra. A día de hoxe non o pode confirmar pero están a traballar niso.

6.-– CURSOS DE PROMOCIÓN INTERNA PARA O PERSOAL FUNCIONARIO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA PARA O ANO 2021 (CONDICIONADO Ás POSIBILIDADES ORZAMENTARIAS).

Para iso a EGAP, ha de ter un calendario dos procesos selectivos, e en base a iso convocarán un curso que se impartirán nos tres meses anteriores á data prevista para a realización das probas selectivas.

Este curso consistiría nun repaso mediante sesións tutorizadas que se organizarían nuns módulos cuns contidos consistentes en lexislación. A Egap manifesta que non elaborarán temarios, pero si achegarán cuestionarios tipo text e prácticos.

ESCRITO DE FORMACION PRESENTADO

 

Los comentarios están cerrados.