Archivo diario: 06/02/2020

IMPORTANTE MODIFICACIÓN NA NORMATIVA DE SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES.

mismo trabajo, mismo salarioMODIFICACIÓN DAS SUBSTITUCIÓNS NA XUSTIZA GALEGA

A dirección Xeral de Xustiza, ten intención de publicar en breve unha modificación da Orde de Substitucións actualmente en vigor, de 2009.

Como vos temos informado, estanse a negociar conxuntamente as novas ordes de substitucións e comisións de servizo (paralizadas temporalmente pola impugnación de dous sindicatos). Pois ben, namentres, conforme levamos anos solicitando dende SPJ-USO, vaise modificar o réxime de substitucións nos seguintes termos:

  • Ó fin non será causa de cese nas substitucións a “falta de desempeño efectivo durante 15 días hábiles (baixas, permisos, etc).

  • RENUNCIAS: penalizaranse as renuncias coa imposibilidade de obter nova substitución durante 1 ANO.

  • REQUISITO PARA SOLICITAR UNHA SUBSTITUCIÓN: LEVAR 6 MESES no posto dende o que se participa, ben sexa definitivo (obtido por concurso) ou provisional (outra substitución ou comisión de servizos).

Accede ó borrador remitido pola administración: SUBSTITUCIÓNS – proposta de modificación da Orde para alegacións

NOTA INFORMATIVA SOBRE BOLSA DE FUNCIONARIOS INTERINOS

26416-interinos-justicia

Recordámosvos que o día 11 de febreiro finaliza o prazo para presentar as solicitudes de elección da bolsa de interinos.

É moi importante ter en conta que non basta con gravar os datos na aplicación. Co simple gravado de datos xérase unicamente un borrador, que hai que validar e presentar, sexa electronicamente, con certificado dixital ou DNI electrónico, ou manualmente, en calquera dos lugares do artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

A consecuencia de non presentar a elección da bolsa en prazo, segundo o artigo 10.2 da Resolución do 18 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia é a desistencia dos aspirantes de todas as súas solicitudes.

XULGADOS DE NOVA CREACIÓN

Resultado de imagen de xulgados"Voz de Galicia El Tribunal Superior propone ocho nuevos juzgados para frenar el colapso judicial en Galicia  

A Coruña; unha praza de maxistrado na Sección Segunda da Audiencia Provincial, que ten competencia penal, ademais dun xulgado do social, outro do mercantil e outro de primeira instancia.

 Lugo pídense dous novos xulgados, un do social e outro de primeira instancia para a capital, e un de primeira instancia e instrución para Sarria, que agora conta cun. Tamén se propón a creación dunha praza de maxistrado para a Audiencia Provincial.

 Pontevedra propóñense dúas novas prazas de maxistrado na seccións segunda e cuarta da Audiencia e  un xulgado do social en Vigo.

Ourense, o Tribunal Superior expón crear unha praza de maxistrado na Sección Primeira da Audiencia, con competencia civil, e un xulgado de primeira instancia en Ourense.

Aplaudimos a petición destes novos xulgados , pero Galicia carece de órganos que dende hai décadas están a ser solicitados pola maioría dos estamentos xurídicos.

«As carencias desta  comunidade , que parece ser que o alto tribunal non ve» , hai que baixar á rúa e aos pobos e cidades  de Galicia e visitalos , non unha vez cada 4 ou 5 anos no mellor dos casos , senón cada ano , e a si ver que pasa en ordes xurisdicionais como a penal , que parece ser que non é importante para algúns, ou nas vilas da comunidade de Galicia con carencia histórica de xulgados. E honestamente e sin nin tipo de acritude,  creemos , ademáis , que as veces os criterios seguidos pola sala de gobernó do tsj para a designación dos órganos propostos, non coinciden co que pensamos a mayoría dos traballadores galegos.

Pasamos a enumerar os órganos históricamente demandados en Galicia, segundo escritos presentado por este sindicato, a todas as administracións implicadas nas decisións de creación de novos xulgados:

A CORUÑA

Xulgado do Mercantil Nº3, de A Coruña

Xulgado do social  nº 7 de  A Coruña

Xulgado de primeira instancia e instrucción Nº 4 de Carballo

Xulgado de primeira instancia e instrucción Nº 4 de Ribeira

Xulgado de primeira instancia Nº 7 de Santiago ( Familia)

Xulgado de instrucción Nº 4 de Santiago

LUGO

Xulgado de primeira instancia e instrucción Nº 2 de Chantada

Xulgado de primeira  instrucción Nº 4 de Lugo

Xulgado do  penal Nº 3 de Lugo

Xulgado do Social Nº 4 de Lugo

Xulgado de primeira instancia e intrucción  Nº 2 de Sarria

OURENSE

Juzgado  de lo penal Nº3 de Ourense

Juzgado   instrucción  Nº 4 de Ourense

PONTEVEDRA

Xulgado de primeira instancia e instrucción Nº 3 de Redondela

Xulgado de primeira instancia e instrucción Nº 4 de Villagarcia

Xulgado do Penal  Nº 4 de Vigo

Xulgado do  Penal Nº5 de Pontevedra

Xulgado de primeira instancia Nº 6 de Pontevedra

ESCRITOS PRESENTADOS:

SOLICITUD ORGANOS NUEVA CREACIÓN CONSEJO

SOLICITUD ORGANOS NUEVA CREACIÓN DXX

SOLICITUD ORGANOS NUEVA CREACIÓN MINISTERIO

SOLICITUDE ORGANOS NOVA CREACIÓN TSX

 

CORRECCIÓN DE ERROS DAS COMISIÓNS DE SERVIZO

COMISIÓNS DE SERVIZO

Corrección de erros da Resolución do 4 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria, en comisión de servizo, de postos vacantes de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, efectuada por Resolución do 25 de novembro de 2019

Publicouse a corrección de erros relativa á Resolución do 4 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria, en comisión de servizo, de postos vacantes de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, efectuada por Resolución do 25 de novembro de 2019.

Pode ver o documento de corrección de erros facendo clic nesta CORRECCIÓN ERROS COMISIÓNS DE SERVIZO

Tamén pode ver o documento de corrección de erros  nesta ligazón (Intranet).