IMPORTANTE MODIFICACIÓN NA NORMATIVA DE SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES.

mismo trabajo, mismo salarioMODIFICACIÓN DAS SUBSTITUCIÓNS NA XUSTIZA GALEGA

A dirección Xeral de Xustiza, ten intención de publicar en breve unha modificación da Orde de Substitucións actualmente en vigor, de 2009.

Como vos temos informado, estanse a negociar conxuntamente as novas ordes de substitucións e comisións de servizo (paralizadas temporalmente pola impugnación de dous sindicatos). Pois ben, namentres, conforme levamos anos solicitando dende SPJ-USO, vaise modificar o réxime de substitucións nos seguintes termos:

  • Ó fin non será causa de cese nas substitucións a “falta de desempeño efectivo durante 15 días hábiles (baixas, permisos, etc).

  • RENUNCIAS: penalizaranse as renuncias coa imposibilidade de obter nova substitución durante 1 ANO.

  • REQUISITO PARA SOLICITAR UNHA SUBSTITUCIÓN: LEVAR 6 MESES no posto dende o que se participa, ben sexa definitivo (obtido por concurso) ou provisional (outra substitución ou comisión de servizos).

Accede ó borrador remitido pola administración: SUBSTITUCIÓNS – proposta de modificación da Orde para alegacións

Los comentarios están cerrados.