
ORDE do 29 de xaneiro de 2020 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.
Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.
As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexis-tro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela), nas súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II
ANEXO I
Código do posto: PR.C03.00.000.15770.001.
Denominación do posto: secretario/a do/da director/a xeral
Subgrupo: C1, C2.
Nivel: 18.
Complemento específico: 6.859,72 euros.
Corpo ou escala: xeral/Tramitad. Procesual e Advo.Adscrición admóns. públ.: A13 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA. e Administración de Xustiza).
Formación específica: 640 Para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).
Observacións: horario especial.
Dependencia: Dirección Xeral de Xustiza
Localidade: Santiago de Compostela.
Me gusta esto:
Me gusta Cargando...