OPOSICIÓNS – TRAMITACIÓN P.A. – TURNO LIBRE
ÚLTIMA HORA!!!
Relacións de aprobados de Tramitación Procesal e Administrativa.
Ante as numerosas consultas que nos chegan dicindo que se van a publicar de forma inminente, negar o anterior e comunicarvos que nos informan que a empresa encargada da lectura óptica dos exames está traballando niso, mais non os terá preparados antes de finais da próxima semana (semana do 10 ó 16).
Posteriormente procederíase á publicación polo Tribunal.
DATA DO TERCEIRO EXERCICIO DE WORD 2010 – TRAMITACIÓN PROCESAL E ADMINISTRATIVA – Quenda libre:
🔊🔊 INFORMACIÓN IMPORTANTE DE ÚLTIMA HORA‼
Segundo puidemos saber dende SPJ-USO, a data para o terceiro exercicio de Tramitación será o SÁBADO 14/03/2020.
Esperamos que se confirme en breve, xunto coa publicación das listas de aprobados do primeiro e segundo exercicio; prevese a publicación na páxina web do Ministerio de Xustiza a vindeira semana.
Entanto, haberá que esperar á confirmación oficial da data, o que ten que realizar o Tribunal Calificador Único.
Manterémosvos informados!!!


















