Archivo diario: 17/02/2020

Resolución do Director Xeral de Xustiza do 17/02/2020, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución.

 

sustituciones A Dirección Xeral aproba e fai pública  a lista definitiva dos destinos adxudicados ao persoal funcionario que participou na convocatoria de data 07/02/2020.

Para ver a resolución: Resolución

 

Curso de Prevención de riscos laborais. Nivel básico. ISSGA

escola_galega_administracion_publica

No Doga de hoxe públicase a resolución 7 de febreiro de 2020 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

  • Os interesados deberán presentar as solicitudes  do 18 ao 27 de febreiro de 2020.
  • As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula  desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.

Para máis información preme no seguinte enlace: Resolución do DOGA