Archivo diario: 27/02/2020

REGULACIÓN PRAZOS POR INCIDENCIAS TÉCNICAS NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA

Resultado de imagen de AMPLIACIÓN DE PLAZOS

NA INTRANET E NO DOG PUBLÍCASE HOXE:

Decreto 25/2020, do 13 de febreiro, polo que se regula a ampliación dos prazos de presentación de solicitudes, recursos administrativos, escritos, comunicacións e documentos no caso de determinadas incidencias técnicas que imposibiliten o funcionamento ordinario da sede electrónica da Xunta de Galicia.

VER PUBLICACIÓN DOG

 

AUXILIO XUDICIAL. CORRECCIÓN DA CONVOCATORIA

Resultado de imagen de ULTIMA HORA

O Ministerio de Xustiza informa de que, como era evidente tralos erros detectados, nos próximos días publicarase no BOE a corrección da convocatoria de Auxilio Xudicial, publicada o pasado día 27 de xaneiro de 2020, a fin de correxir principalmente:

1.-  Anexo I no punto 1.2 referente ao segundo exercicio no referente á duración do mesmo, indica que será de 60 minutos, onde debe indicar 90 minutos.

2.- A valoración das preguntas erróneas que debe ser 0.20 puntos e non 0,25 tal e como se reflicte na convocatoria.

EGAP. cursos sobre tecnoloxías de información e da Comunicación (TIC), Administración electrónica e protección de datos.

Resultado de imagen de cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datoRESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

PRAZOS.- O prazo de presentación de solicitudes  comezará mañá, e rematará o día 5 de marzo de 2020.

MATRICULA.–  As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo  <https://egap.xunta.gal/matricula&gt; desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a dous.

DUBIDAS E INFORMACIÓN.-  As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (9.00 a 14.00 h) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

PARA A ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA CONVÓCANSE OS SEGUINTES CURSOS:

1.- INTRODUCCIÓN AO EXPEDIENTE XUDICIAL ELECTRÓNICO

2.- INTRODUCCIÓN Á PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS. REGULAMENTO EUROPEO 2016/679 DE PROTECCIÓN DE DATOS

3.- SEGURIDADE DA INFORMACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN GALICIA.

A convocatoria dos cursos figuran no ANEXO II da convocatoria publicada no DOG: 

VER ENLACE DOG

 

CONCURSO DE TRASLADOS

Resultado de imagen de CONCURSO DE TRASLADOSOrden JUS/169/2020, de 18 de febrero, en relación a la Orden JUS/141/2020, de 24 de enero, por la que se resuelve el concurso de traslado entre funcionarios de los Cuerpos y Escalas de Gestión Procesal y Administrativa,Tramitación Procesal y Administrativa y Auxilio Judicial de la administración de Justicia, convocado por Orden JUS/776/2019, de 25 de junio.

Con relación a la resolución definitiva del concurso de traslados ordinario de fecha 24 de enero de 2020, entre funcionarios de los Cuerpos de Gestión, Tramitación y Auxilio de la Administración de Justicia, del ámbito del Ministerio de Justicia, anunciado por Orden JUS/776/2019, de 25 de junio (BOE de 18 de julio), se comunica que se ha producido una incidencia técnica y no ha sido posible publicarlo en el «Boletín Oficial del Estado» el día 18 de febrero. Sin embargo, dado que sí se han publicado las resoluciones de las Comunidades Autónomas con competencias transferidas resolviendo definitivamente dicho concurso de traslados, y con el fin de causar el menor trastorno posible a los participantes en dicho concurso, se considerará únicamente la fecha del 18 de febrero para todos los efectos administrativos que acompañan a la resolución del mismo.

Contra la presente Orden podrá interponerse recurso potestativo de reposición ante
el Ministerio de Justicia.

VER PUBLICACIÓN BOE