
MOITAS PALABRAS E POUCOS FEITOS….
Tras unha breve intervención sindical expoñendo o que consideramos que é un “ninguneo” ós sindicatos, comezamos coa orde do día, previo compromiso da DXX de remitirnos un calendario serio de mesas de traballo sobre, entre outros, Comisións de Servizos (semana do 17 ó 21 de xullo), Reforzos, mesa exclusiva de retribucións solicitada por SPJ-USO, Nova Oficina Xudicial, Substitucións e Quendas e algunha outra.
COMISIÓNS DE SERVIZOS.
Acórdase convocar Mesa Técnica ó respecto para traballar sobre a orde que nos remitiu a Administración, e na que básicamente se regula a cobertura temporal das prazas VACANTES (Falecemento, perda da condición de funcionario, excedencias, Xulgados de nova creación, etc).
A dita mesa técnica será convocada para a semana do 17 ó 21 de Xullo segundo indica a DXX, e será de aplicación probablemente ós Xulgados de nova creación dos que se espera o Real Decreto de creación en calquer momento, probablemente para setembro, trala aprobación ó fin dos Orzamentos do Estado. Sigue leyendo



Publicada con data do 13 de xullo de 2017 a modificación da resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

















