Archivo diario: 11/07/2017

CONVOCATORIA DE MESA SECTORIAL CO SEGUINTE ORDE DO DÍA

 

Resultado de imagen de MESA SECTORIALAsunto: Convocatoria de Mesa Sectorial

Data: 13.07.2017

Hora de comezo: 10.00 h

Lugar: EGAP, aula núm. 1, Colmeiro (planta baixa)

 ORDE DO DÍA:

 

  1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior
  2. Orde sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia
  3. Modificación amortizacións nas seccións penais das Audiencias Provinciais
  4. Persoal de reforzo
  5. Identificación do persoal funcionario nos Servizos de Notificacións e Embargos
  6. Modificación da RPT do IMELGA
  7. Orde pola que se establecen criterios para a cobertura de postos vacantes mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de Xustiza na Comunidade autónoma de Galicia
  8. Rolda de intervencións

 

Inclúese como anexo ao presente correo electrónico: a acta da sesión anterior, o borrador de orde das comisión de servizos, a proposta de modificación da RPT do IMELGA (a proposta consiste na inclusión de 4 efectivos do corpo de médicos forenses, incluídos nos orzamentos 2017) e a orde de interinos de corpos xerais, que volve a incluír a bolsa de traballo e reserva con porcentaxes, acompañada dun documento explicativo do incremento destas porcentaxes con respecto das bolsas anteriores.

Avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares

Resultado de imagen de SUSTITUCIONESPublicados novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a sua cobertura mediante substitución entre titulares con data 11 de xullo de 2017.

As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos de longa duración.

Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme ao Anexo II bis dispoñible nos modelos do correspondente apartado adicado ás substitucións entre titulares. No caso de que se solicite varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a que recollida na solicitude.

A información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento Avisos de desocupación

Resolucion_Publicacion_Novas_Subst11072017

MODELO ANEXO II    

Prazo de presentación de solicitudes: 12, 13 e 14 de xullo de 2017

Mentras que non se habilite a opción de solicitude a través da OPAX, as peticións deberán de ser    cubertas conforme ao anexo II bis e remitidas por algunha das seguintes canles:          

FAX 981 54 62 22

Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal

Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura

Resultado de imagen de SUSTITUCIONESPublicada con data 11 de xullo de 2017 a resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a sua cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

Poden consultar a información na resolución de adxudicación de postos.

Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos /ás adxudicatarios/as, sendo comunicados, á súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento

Resolucion_Publicacion_Adxudicacion