VER ESCRITO RETRIBUCIONES Este sindicato ven de presentar escrito esixíndolle a Dirección Xeral de Xustiza, a convocatoria inmediata de mesa sectorial exclusiva de retribucións, coa presenza do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, A.A.P.P e Xustiza, Alfonso Rueda Valenzuela, co fin de rematar coa grave discriminación que sufrimos os funcionarios de xustiza galegos desde hai anos.
COMPLEMENTO AUTONOMICO TRANSITORIO (CAT).-
É hora de que se faga unha revisión urxente dos importes do CAT.Lembramos á DXX que somos un corpo nacional e que de todo o territorio nacional, os funcionarios de xustiza en Galicia estamos na actualidade no furgón de cola de dita retribución, sendo os últimos en deixar de sofrer os recortes na mesma, e vendo como no territorio Ministerio e case na totalidade das demais CCAA, o complemento milloraba.
BAIXA POR ENFERMIDADE.-
Esiximos que dunha vez por todas se elimine a penalización das baixas médicas, que nos obriga mesmo a acudir ao noso posto de traballo en situacións de enfermidade, xa que as nosas nóminas xa non aguantan máis recortes. Recordamos que levamos anos loitando contra esa normativa confiscadora e denunciando a discriminación co réxime establecido para outros integrantes da Administración de Xustiza como Maxistrados e Fiscais, que en todo caso, debe ser o mínimo aplicable a todo o persoal de Xustiza.
COMPLEMENTO PARA OS XULGADOS DE VIOLENCIA.-
Os xulgados de violencia de Galicia son os únicos de todo o estado Español, nos traballadores non reciben ningún complemento económico pola penosidade do traballo realizado diariamente. A Administración é coñecedora de que estes órganos teñen unha hora de entrada, pero os seus traballadores e traballadoras nunca saben cal vai ser a súa hora de saída, xa que o seu horario está suxeito a unha garda permanente. Denunciamos que os complementos que están fixados para estes órganos noutros lugares de España chegan a alcanzar os 1000 euros e recordamos que xa no seu día houbo negociación sobre o tema, pero, inexplicablemente, a DXX retirou de xeito sorpresivo a súa oferta en plena negociación.
COMPLEMENTO PARA AS OFICINAS DE REXISTRO DOS XULGADOS DE GALICIA.-
Tamén queremos sinalar que os compañeiros dos Decanatos ou oficinas de rexistro e repartición de escritos, sofren unha discriminación horaria, polo réxime de permanencia que lles obriga estender a súa xornada, tanto no verán como no inverno ata as 15 horas. O agravio comparativo co resto dos seus compañeiros e particularmente grave no período estival, xa que non lles permite gozar da flexibilidade horaria, e e nas semanas grandes, impedindo a realización da xornada reducida.
Orden JUS/628/2017, de 27 de junio, por la que se aprueba la relación provisional de admitidos y excluidos del proceso selectivo para ingreso, por el sistema general de acceso libre, en el Cuerpo Nacional de Médicos Forenses, convocado por Orden JUS/350/2017, de 28 de marzo. 

















