Madrid, 26 de xullo de 2017.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde en Madrid na Conferencia Sectorial de Xustiza, onde o Ministerio de Xustiza confirmou a creación de catro novos xulgados en Galicia nas cidades da Coruña, Ourense, Vigo e Ferrol. A previsión é que estas novas unidades xudiciais poidan estar funcionando antes do 1 de xaneiro de 2018.
A Xunta valorou positivamente que se veña de confirmar a creación destes novos xulgados, algo que non se facía desde 2010. Ademais, agradeceu que o Ministerio respectase a proposta galega para a localización destas sedes, que foi elaborada en coordinación entre o Goberno autonómico e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sigue leyendo



















