ESCRITO CURSO OPOSICIONES Co gallo da inminente convocatoria de oposicións este sindicato ven de presentar escrito a dxx para que convoque plans de formación para o persoal funcionario tales como convocatoria de cursos online de preparación para a oposición aos corpos de tramitación e xestión procesual e administrativa pola quenda de promoción interna, e curso online de preparación da oposición aos Corpos de Auxilio, Tramitación e Xestión, dirixida aos funcionarios interinos.
As accións formativas encamiñadas á profesionalización, promoción e desenvolvemento, dos traballadores na administración de xustiza en Galicia, é un alicerce fundamental, para o bo funcionamento das oficinas xudiciais, no traballo diario e en consecuencia, unha atención ao cidadán acorde coas premisas dunha xustiza eficaz , rápida e profesional; por iso debemos continuar e mellorar as accións formativas , na medida do posible e adaptalas á realidade actual , tanto de normativa como de medios para poder chegar con garantías ao maior número de funcionarios.
Pero con todo desde que a comunidade de Galicia, recibise as competencias en xustiza, nunca se organizou cursos de preparación online ou presenciais, encamiñados a preparar aos actuais profesionais dos xulgados, nin ao persoal interino con interese de aprobar unha oposición de xustiza; estes cursos preparatorios teñen moi boa acollida noutras comunidades, e territorio ministerio , o cal os leva organizando máis de 10 anos, dando a oportunidade aos traballadores de prepararse ou ter un complemento á preparación acorde á imaxe e profesionalidade, que debe dar o terceiro poder do estado.
E máis cando a comunidade galega ten unha plataforma online (EGAP) deseñada e funcionando, o cal non supoñería gasto algún en desenvolvemento de plataformas, nin de organización de medios, só tería o gasto de facilitar o temario, exames supostos prácticos actualizados á normativa vixente ao persoal funcionario e interino que cumpra as condicións que se establezan para realizar estes cursos,
Lembremos que a promoción e formación profesional dos traballadores, debe é ten que intervir a administración competente, e facilitar o acceso ás xornadas formativas da maneira máis efectiva posible.