Xunta e TSXG consensúan a ubicación das nove novas unidades xudiciais que se crearán en Galicia en 2010

logo xuntaNo 2010 crearanse en Galicia un Xulgado de Vixilancia Penitenciaria con sé en Lugo; dúas prazas de maxistrado do Contencioso-Administrativo no TSXG; un Xulgado de Instrucción na Coruña; un Xulgado Mixto en Betanzos; un Social en Santiago; outro Social en Ourense; e un Penal en Pontevedra. Para a última das unidades, a Comisión Mixta propón ou ben un Xulgado de Primeira Instancia en Vigo ou ben un maxistrado para a sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, tamén con sé en Vigo e con competencia civil.

A Comisión Mixta entre a Xunta e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) elaborou hoxe a proposta de ubicación dos nove xulgados que se crearán na Comunidade Autónoma o vindeiro ano 2010, aos que se suman tamén outros dous xuíces da nova figura de adscrición territorial, tamén chamados xuíces volantes.

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas, coincidiron ao termo da reunión en que as once unidades xudiciais concedidas polo Goberno central a Galicia para o vindeiro ano é un “número insuficiente” para as necesidades galegas, aínda que tamén consideraron que se trata de una asignación equilibrada respecto ao total, xa que se concederon 200 novas prazas para todo o Estado (150 unidades xudiciais e 50 xuíces de adscrición territorial).


O titular de Presidencia do Goberno galego explicou que a asignación dos novos órganos xudiciais elaborada pola Comisión Mixta Xunta-TSXG, que agora deberá ser ratificada definitivamente por unha comisión entre Ministerio de Xustiza e Consello Xeral do Poder Xudicial, prioriza os xulgados “alí onde son máis necesarios” porque contan con máis carga de traballo. “Decidiuse por necesidades obxectivas”, concordou Miguel Ángel Cadenas.

O presidente do TSXG explicou que a proposta de asignación da Comisión Mixta pasa por un Xulgado de Vixilancia Penitenciaria con sé en Lugo; dúas prazas de maxistrado do Contencioso-Administrativo no TSXG; un Xulgado de Instrucción na Coruña; un Xulgado Mixto en Betanzos; un Social en Santiago; outro Social en Ourense; e un Penal en Pontevedra. Para a última das unidades, a Comisión Mixta propón ou ben un Xulgado de Primeira Instancia en Vigo ou ben un maxistrado para a sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, tamén con sé en Vigo e con competencia civil.

Ademais, explicou que se chegou a un compromiso para que no primeiro trimestre de 2011, cando o Goberno conceda novos xulgados, se cree un de Primeira Instancia na Coruña. En todo caso, o conselleiro de Presidencia non descartou que Galicia poida acadar algún xulgado máis este ano, xa que, como recordou, el mesmo manifestou na Conferencia Sectorial de Xustiza celebrada o pasado martes a disposición da comunidade galega a asumir máis unidades xudiciais para 2010 se outra comunidade renuncia a algunhas das que se lle concederon.

Finalmente, Rueda tamén destacou que a Xunta segue a traballar no Plan de Infraestructuras Xudiciais, que precisamente busca que non haxa problemas para ubicar os xulgados de nova creación e que nos vindeiros anos a comunidade galega conte cunhas infraestructuras xudiciais axeitadas para a prestación dun servizo tan importante como o da Administración de Xustiza.

Los comentarios están cerrados.