
☑️ O Ministerio de Xustiza informou a SPJ-USO que os prazos administrativos levantaranse o vindeiro 1 de xuño, trala súa suspensión o pasado 14 de marzo como consecuencia da declaración do estado de alarma pola pandemia de Covid-19.
☑️ Esta data súmase á relativa ó levantamento dos prazos procesuais, previsto para o 4 de xuño.
☑️ Ademais, a fase 2 do plan de desescalada en Xustiza, na que está prevista a incorporación de entre un 60% e un 70% dos efectivos en quendas de mañá e tarde, no seu caso, activarase a semana que vén, tras as oportunas negociacións coas organizacións sindicais.
☑️ As sedes xudiciais prevese que permanezan nesta fase 2 dúas semanas antes de alcanzar a terceira fase, que implica o 100% do persoal, que chegaría o 8 de xuño.
Este asunto tratarase na reunión da Comisión de Coordinación do Crise da Administración de Xustiza que se celebrará este venres.
☑️️ 1 DE SETEMBRO, VOLTA Á «NORMALIDADE»: A idea do Ministerio é recuperar a normalidade nas sedes xudiciais no mes de setembro, sempre en función da evolución da emerxencia sanitaria.
O Ministerio informa que a partir de setembro está previsto poñer en marcha plans de choque e de reforzo, que dende SPJ-USO esixiremos sexan “reais”.


















