ÚLTIMA HORA!! INSTRUCCIÓN SOBRE CESAMENTOS E TOMAS DE POSESIÓN DERIVADA DA RESOLUCION DEFINITIVA DO CONCURSO DE TRASLADOS 2024

A DXX, ven de publicar a Instrucción sobre ceses e tomas de posesión derivada da resolución definitiva do concurso de traslados convocado por resolución do 16 de xaneiro de 2025.

ACCEDE ÁS INSTRUCCIÓNS  DO CONCURSO DE TRASLADOS 2024-1

👉 Tanto os ceses como as tomas de posesión serán preferentemente telemáticos.

👉 Lembramos:

🔴 PUBLICACION NO BOE: 17-6-2025

🔴 DATA DE CESE TRAMITACION:: 20-6-2025

🔴DATA DE CESE XESTIÓN E AUXILIO: 24-06-2025

🔴 Toma de posesión:

☑️  TRES días hábiles seguintes ao cesamento se non hai cambio de localidade do funcionario, nos ☑️ OITO días hábiles seguintes se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e nos ☑️ VINTE días hábiles seguintes se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, da Comunidade Autónoma de Illes Balears, da cidade de Ceuta e da cidade de Melilla, nas cales será no ☑️ MES SEGUINTE, tanto se o posto de traballo nas illas ou nas cidades é o de orixe coma se é o de destino.

👉 No caso de reingreso disporase de 2️⃣0️⃣ vinte días (non retribuídos) dende o mesmo día da publicación no BOE.

🔴  Os prazos empezan a contar dende o día hábil seguinte á data do cese

Modelo-145 IRPF

Ficha de recollida de datos persoais e bancarios

Instruccións concurso 2024 galicia:

Persoal procedente de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia

    • Fotocopia do DNI
    • Cesamento
    • Certificado ou copia dos trienios recoñecidos
    • Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios) 
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria onde conste o núm. de afiliación da Seguridade Social (unicamente para ingresos posteriores ao 01/01/2011) e fotocopia da tarxeta de MUXEXU
    • Certificación das vacacións e días de asuntos particulares gozados no 2025 na Administración da que procedan. A certificación deberá indicar os días de vacacións e asuntos particulares correspondentes a 2024 que, de ser o caso, estean pendentes de desfrutar por razóns xustificadas.Modelo 145 (IRPF )       

2.- Persoal con destino na Comunidade Autónoma de Galicia

3.-Persoal que obtén destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia

O persoal que obteña un novo destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, no momento de formalización do cesamento, deberá facer entrega da tarxeta de identificación persoal e control horario.

Tamén deberá facer entrega desta no caso de non ter que formalizar cesamento ningún por reingresar fóra da comunidade autónoma nun corpo distinto do que estaba a prestar servizos.

Así mesmo, no caso de contar coa tarxeta de identificación especial por razón do destino que viña desempeñando, deberá devolvela ao servizo de persoal correspondente.

Teléfonos das habilitacións (delegacións e direccións provinciais)

  • A Coruña: 981 184 571
  • Lugo: 982 294 311
  • Ourense: 988 386 012
  • Pontevedra:  986 817 003

4.- Substitucións e comisións de servizo

  • O persoal funcionario titular que obtivo praza no concurso e está a desempeñar unha substitución ou comisión de servizos cesará nestas, na mesma data do cese no seu posto definitivo de orixe.
  • O persoal funcionario titular que non obtivo praza no concurso e que está desempeñando unha substitución ou comisión de servizos en órganos desta comunidade autónoma nunha praza que non foi adxudicada no concurso, poderá continuar na substitución ou comisión de servizos. Así mesmo, poderá continuar na substitución ou comisión de servizos no caso de que a praza fose adxudicada pero o seu titular non se incorpore efectivamente, en tanto dure a dita situación.

IMPORTANTE: PRAZO POSESORIO PARA PERSOAL QUE ACTUALMENTA ESTÁ EN COMISIÓNS DE SERVIZO E EN SUBSTITUCIÓNS‼️

ℹ️➡️ Para o computo do prazo posesorio teráse en conta: ⤵️⤵️

☑️ No caso das COMISIÓNS DE SERVIZOS O ORGANO NO QUE ESTÁ ACTUALMENTE PRESTANDO SERVIZOS.
☑️ No caso das SUBSTITUCIÓNS o órgano de orixe do funcionario.

👉👉 O anterior a efecto de establecer o número de dias que corresponden para a toma de posesión no novo destino.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.