Acabamos de recibir convocatoria a unha reunión da Mesa sectorial de xustiza, o próximo día 10 de xuño, ás 09:30 h coa seguinte:
ORDE DO DÍA
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Propostas de RPT da Fase III.
- Proposta do proceso de REORGANIZACIÓN DE EFECTIVOS.
- Rogos e preguntas.
Como documentación a valorar na Mesa xúntase a seguinte documentación.
- Borrador da acta da Mesa sectorial do 2 de xuño.
- Folla de cálculo coa proposta de RPT das oficinas xudiciais da Fase III.
- RPT_OFICINAS XUDICIAIS FASE 3
- Borrador da proposta de méritos a considerar nas RPT para os distintos postos singularizados. Os cambios van marcados en vermello. Proximamente agardamos remitir proposta de base da convocatoria para postos singularizados.
- Proposta meritos Postos Singularizados Fase III
- Borrador de resolución coa RPT das oficinas xerais do Rexistro civil da Fase III. Idéntica á remitida na mesa do 2 de xuño.
- Proposta RPT OFICINA XERAL DO REXISTRO CIVIL – FASE III
- Borrador da proposta do proceso de reorganización da Fase III. Idéntica á remitida na mesa do 2 de xuño.


















