TELETRABALLO: XUNTANZA CO SECRETARIO DE GOBERNO do TSXG e ROLDA DE PRENSA POSTERIOR.

spjinforma

O luns 20.11.2023, todas as organizacións sindicais, (SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF, CIG e CCOO), mantivemos unha xuntanza con secretario de goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Juan José Martín Álvarez. Na mesma  manifestamolle a problemática xa coñecida sobre o fin do teletraballo, pedíndolle unha interlocución, cos letrados da administración de xustiza e coa Dirección Xeral para facerlle entender a esta última que ten capacidade dabondo para regular o teletraballo en Galicia.

O Secretario de Goberno manifestou, dentro do ámbito das súas competencias, o bo resultado que viña amosando o traballo a distancia, expoñendo que non ten facultades máis alá do corpo de Laxs, do cal é superior xerárquico na CCAA, como ben sabedes. Dentro da liña de actuación, que xa coñecíamos da súa etapa como Director Xeral, máis alá de boas palabras, non houbo forma de conseguir a emisión dunha circular para que, lles aclare os LAXs que non son eles os que autorizan o traballo a distancia, senon que esa e unha competencia da Dirección Xeral.

A continuación tivo lugar unha rolda de prensa na que lles expuxemos aos medios a situación de discriminación na que nos atopamos as traballadoras e os traballadores da administración de xustiza con respecto ao persoal da Administración Xeral do Estado, a Administración Xeral da Xunta de Galicia e incluso doutras administracións autonómicas coas competencias en xustiza, transferidas.

Respecto da ROLDA DE PRENSA POSTERIOR, os sindicatos con representación na Administración de Xustiza reclamamos á Xunta que se manteña na comunidade autónoma galega o teletraballo e que esta cuestión regúlese a través dunha norma.
Así o expuxeron representantes das organizacións sindicais do sector, SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UXT, CSIF, CIG e CCOO, tras unha reunión co secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), ao que reclamaron apoio nesta demanda.
Nunha comparecencia ante os medios, rexeitaron que a circular emitida polo Ministerio de Xustiza pola que se anunciaba o fin do teletraballo neste ámbito deba aplicarse en Galicia, polas súas competencias nesta materia, e remarcaron que autonomías como Cataluña, Valencia, Asturias ou Aragón non o van a facer.
Polo tanto a situación segue invariable: dependemos para poder teletraballar do CONSENTIMENTO DO LAX, FISCAL XEFE OU DIRECTOR DO IMELGA.

Los comentarios están cerrados.