
No BOE de hoxe, 9 de maio, acaba de publicarse o Plan de Descalada para a Administración de Xustiza por mor do COVID-19, que entrará en vigor o 12 de maio.
Polo que SOLICITAMOS por escrito unha reunión telemática urxente para o próximo luns, 11 de maio para debatir todas estas cuestións publicadas.
Desde SPJ USO entendemos que somos un servizo público que traballa para o cidadán, e como tal estamos expostos a un alto risco de contaxio e, por suposto, estamos expostos a un foco de transmisión en cadea, por todo isto O RISCO DEBERÍA MINIMIZARSE AO MÁXIMO, que sen dubida se pode evitar, PERO O MINISTRO DE XUSTIZA PARECE QUE NON QUERE VER A REALIDADE, xa que a súa Resolución está adornada con medidas de protección dos traballadores, que deberían ir da man coas medidas ditadas polo Ministerio de Sanidade, pero á vista das decisións do señor Campos , parece que o seu único propósito é converterse en heroe da xustiza, esquecendo que a maxia do seu manto debe vir coas correspondentes medidas de seguridade, non só para traballadores, senón tamén para todos os cidadáns e profesionais que teñen que acudir aos xulgados.
A Resolución de Descalada está ditada en virtude das competencias atribuídas ao ministro de Xustiza pola Orde ministerial SND / 261/2020, do 19 de marzo, aínda que este sindicato considera que a Xunta de Galicia e neste caso a Dirección Xeral debe asumir a súa responsabilidade como máximo responsable de todos os traballadores da Administración de xustiza.
Debemos ter moi claro que non estamos baixo o xugo dunha ditadura e que estamos obrigados a afrontar a realidade de que A DÍA DE HOXE NINGÚN ÓRGANO XUDICIAL CONTA MEDIOS SUFICIENTES DE PROTECCIÓN COLECTIVA E EPIS.
Dende SPJ USO consideramos que é fácil deixar que outras persoas poidan establecer as pautas, pero isto non debería ser o caso de que as condicións de seguridade e hixiene definidas non se axusten específicamente ás necesidades existentes na comunidade galega. É o momento de apostar por parte da Xunta de Galicia, é o momento de dar un paso firme e definir estas condicións específicas que deben gobernar todo o territorio galego e que deben garantir a seguridade e a saúde de todos.
Neste momento, máis que propostas no aire, xa deberiamos ter medidas en marcha, é dicir:
Organización nas medidas de limpeza, Epis garantidos para todos os traballadores, onde a utilización da máscara debería ser obrigatoria, e non so recomendable, sinalización en paredes e pisos, ampliación de tabiques nas sedes xudiciais, medidas de seguridade a adoptar cara ao cidadán dende a entrada á saída nos órganos xudiciais, realización de proba PCR, onde todo isto debería estar avalado mediante a correspondente Avaliación de Riscos Laborais en cada un dos órganos xudiciais, que contempla os parámetros de riscos que supón o covid. 19.
É polo que consideramos que é o noso deber como organización sindical velar para que non haxa un retroceso na saude e seguridad dos traballadores evitando novos repuntos nos xulgados de toda galicia, e os traballadores da administración de xustiza queremos voltar a normalidade pero as medidas de seguridade deben estar garantidas .
Por outra banda, entendemos que, aínda que a Resolución do Estado é o marco referencial, hai cuestións que poden ser debatidas en relación ás condicións de reincorporación de todos os traballadores nas distintas fases e que hai moitas dúbidas sobre a súa aplicación nos centros xudiciais de Galicia, que poden ser específicos e diferentes do resto do Estado, polo que consideramos necesario celebrar unha reunión urxente antes da aplicación efectiva do plan de descalada previsto para o 12 de maio, na que poidamos expoñer as nosas inquedanzas, para garantir que a reincorporación dos compañeiros teña a opinión e a contribución dos seus representantes.
VER ESCRITO PRESENTADO


















