SPJ-USO SOLICITA FORMALMENTE A AMPLIACIÓN DA ORDE DO DÍA CORRESPONDENTE Á CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL PREVISTA PARA O VINDEIRO MARTES DÍA 10 DE NOVEMBRO

Ante a convocatoria da vindeira mesa sectorial sinalada para o 10 de novembro, desde SPJ-USO solicitamos que se inclúan de xeito urxente para o seu debate e negociación os seguintes puntos:

Implantación e regulación do TELETRABALLO.
Creación de EQUIPOS ESTRUTURAIS.

Consideramos que ambas as dúas cuestións son de vital importancia para os dereitos do persoal, polo que resulta imprescindible a súa abordaxe nesta mesma sesión.

Dende SPJ-USO valoramos a convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde que viñamos demandando dende hai meses, incluíndo na orde do día algo tan importante como o gas radón.

Igualmente, agradecemos a inclusión na orde do día da Mesa Sectorial de puntos que viñamos solicitando nos últimos tempos, como son:

1.- A ampliación do prazo de desfrute de asuntos particulares e vacacións de 2026 ata o 31/3/27.
2.-Ou a negociación da convocatoria de nova apertura extraordinaria do grao de carreira profesional.
3.-Entre outras cuestións, como as gardas de 24 horas do Imelga, a modificación das RPT con creación de prazas (aínda que non sabemos en qué termos….) ou a negociación da comarcalización de VSM de Pontevedra, Vigo e Lugo.

 Mais, en todo caso, a inclusión do TELETRABALLO e da creación de EQUIPOS ESTRUTURAIS son puntos imprescindible para SPJ-USO.

Por iso, esiximos a inclusión inmediata de ambas as dúas cuestións na orde do día da Mesa Sectorial convocada para o vindeiro martes día 10.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.