SPJ-USO SOLICITA Á DIRECCCIÓN XERAL DE XUSTIZA O MANTEMENTO DO TELETRABALLO E QUE SE DICTE UNHA INSTRUCCIÓN EXPRESA MENTES NON SE DESENROLA O DECRETO NACIONAL SOBRE O TELETRABALLO.

ESCRITO MANTEMENTO TELETRABALLO DXX_signed

Xustificante-PR004A- teletraballo

Trala publicación con temeridade e alovosía por parte do Ministerio de Xustiza o pasado venres ás 14:30 horas da tarde  da circular de 27/10 da Secretaría Xeral para a Innovación e calidade do servizo público de Xustiza do Ministerio de Xustiza, que decreta o fin do teletraballo, decisión que tiña que ser acordada e negociada cos sindicatos que nos representan no Ministerio de Xustiza, que descoñecemos si foi así o se se fixo algo para que esto non sucedera, dende SPJ-USO, ademais da nosa indignación por semellante atropelo de dereitos, solicitamos á Dirección Xeral de Xustiza, que dicte unha instrucción expresa autorizando e mantendo o teletraballo, mentras o Ministerio de Xustiza non o regule, téndose demostrado os beneficios do teletraballo na administración de Xustiza, non debemos esquecer que en Galicia as competencias en materia de persoal da administración de Xustiza están transferidas.

SPJ-USO solicita que se dicte unha instrucción  en aplicación do artigo 47 bis do Estatuto básico do Empregado público, que entendemos é de aplicación supletoria por non haber normativa estatal e igualmente consideramos de aplicación supletoria a normativa que regula o teletraballo na Xunta de Galicia (Orde de 14 de diciembre de 2020).

Si a todo esto engadimos por parte da Xunta de Galicia, a inversión levada a cabo durante este último ano, xa que se están a instalar ordenadores portátiles nos Xulgados de toda Galicia, precisamente para facilitar o teletraballo e a conciliación da vida laboral e familiar, entendemos que as instruccións por parte da DXXustiza son necesarias.

O Ministerio , dicta unha instrucción cargándose o teletraballo coa complicidade e inoperatividade das organización sindicais do seu ámbito e sen previa negociación.

Instamos a  DXX que Manteña o teletraballo nos mesmos termos e SOLICITAMOS unha reunión URXENTE para negociar  as condición de teletraballo, en tanto non se publique, a normativa do Ministerio de Xustiza.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.