SPJ-USO REITERA FORMACIÓN PRESENCIAL SOBRE UTILIZACIÓN DOS EQUIPOS DE VIDEOCONFERENCIA PARA TOD@S OS AUXILIOS XUDICIAIS

 

videoconferenciasComo lembrades o pasado mes de outubro, a Xunta impartía sesións de formación presenciais, sobre a utilización dos equipos de videoconferencia pero só aos auxilios da Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, esquecendo aos demáis compañeir@s de auxilio destinados noutras localidades.

Pois ben, ante esto, SPJ-USO, denunciaba á dita discriminación e defendía, que a formación debe chegar e ser a mesma para tod@s os traballadores, independentemente de onde se teña o posto de traballo, por eso, e visto que ata o día de hoxe non temos noticias ao respecto, acabamos de presentar escrito reiterándolle á DXX que convoque novos ciclos de formación presencial sobre a utilización dos equipos de videoconferencia para tod@s os auxilios destinados en localidades onde  estean instalados os ditos equipos, subsanándose así o “esquecemento” das anteriores sesión.

Escrito reiterando formación sobre utilización equipos videoconferencia para tod@s auxilios xudiciais 

Los comentarios están cerrados.