Informámosvos que acabamos de presentar escrito solicitando a CONVOCATORIA INMINENTE DA MESA DE ACCIÓN SOCIAL.
Á vista dos Orzamentos da Comunidade Autómoma para 2020 (que, entre outras cousas, superan os 10.000 millóns de euros, por primeira vez en 10 anos), SPJ-USO non pode menos que reivindicar a recuperación das axudas de acción social, perdidas por mor da crise económica e que supuxeron unha importante merma nos dereitos d@s traballadores da Administración de Xustiza, ao viren reducida a súa capacidade económica, tamén, neste aspecto.
Por eso, co gallo do inicio dos trámites para a elaboración dos orzamentos de 2021, e con independencia da cor política do Executivo galego, SPJ-USO esíxelle á DXX A INMINENTE CONVOCATORIA DA MESA DE ACCIÓN SOCIAL para establecer un CALENDARIO co fin de:
1º Consensuar a recuperación de programas que contemple, como mínimo, as axudas a fillos e estudos fillos, estudos funcionarios, axudas por celiaquía, intolerancia á lactosa e crohn, ademáis da que temos agora á discapacidade,
2º Acadar ó 1% da masa salarial destinada a acción social.
Desde SPJ-USO intentaremos por todos os medios ao noso alcance que @s funcionarios da Xustiza Galega teñamos, por fin, unha verdadeira acción social!!
Escrito reivindicando recuperación da acción social


















