
SPJ-USO acaba de presentar un escrito ante a Dirección Xeral de Xustiza reclamando a formación presencial para tod@s @s funcionari@s que o precisen, tanto para os titulares que accedan a novos postos, como para o persoal interino. Trátase dunha necesidade urxente, para evitar os graves problemas de aprendizaxe que se veñen a vivir nos Xulgados galegos, en base ao seguinte:
- En cada concurso de traslados encontrámonos con funcionari@s que veñen doutras Comunidades Autónomas e están afeitos a outros sistemas informáticos distintos ao Minerva, o que provoca un problema para @s traballador@s e, por ende, para o funcionamento dos Órganos Xudiciais, xa que teñen que comezar a tramitar cun sistema informático descoñecido.
- Noutras ocasións encontrámonos con funcionari@s que cambian de destino por concurso ou por substitución, unhas veces por cambio dun Corpo inferior ao superiror e outras por cambio de orden xurisdiccional, o que conleva a que descoñezan o posto de traballo que van a desempeñar e teñen que buscar os coñecementos a través doutr@s compañeir@s para poñerse ao día no novo posto de traballo.
- Para rematar, tamén hai persoal interino que debido a súa situación cambiante de Órganos xudiciais e órdenes xurisdiccionais, non teñen a formación específica para desempeñar os continuos novos postos de traballo, precisando axuda para comezar a traballar nos distintos Xulgados actuáis. Este problema incrementouse, toda vez que a actual bolsa de interin@s está agotada, sendo o sistema de selección para traballar en Órganos xudiciais mediante o SEPE.
Por tod@s é sabido que seguemos formando na Administración de Xustiza @s traballadaor@s a través da voluntade dos propios compañeir@s, quenes asumen a función de formadores (altruistamente), restando tempo á tramitación dos seus propios expedientes, polo que dende SPJ-USO consideramos que é obrigación da Administración asegurar a formación presencial inicial e contínua d@s funcionari@s, ben sexan titulares ou interinos, por carecer de experiencia previa no mesmo Órgano e orden xurisdiccional, co obxetivo de dotar de coñecementos, medios, aprendizaxe o mais asiña posible, e a súa adaptación ao resto d@s traballador@s da Oficina Xudicial.
Polo que solicitamos á Dirección Xeral de Xustiza, que proceda a dar as órdenes oportunas para que se establezan grupos de formadores dedicados a ensinar os sistemas, programas e funcionamento respectivo de cada Órgano xudicial.
VER ESCRITO PRESENTADO FORMACIÓN PRESENCIAL


















