SPJ- USO INFORMA. RECLAMACIÓN DO IRPF DE MATERNIDADE/PATERNIDADE PARA OS FUNCIONARIOS DO MUTUALISMO ADMINISTRATIVO (MUGEJU).

Resultado de imaxes para AEATSPJ-USO INFORMA:

RECLAMACIÓN DO IRPF DE MATERNIDADE/PATERNIDADE PARA OS FUNCIONARIOS DO MUTUALISMO ADMINISTRATIVO (MUGEJU).

No BOE de 29 de Decembro publicouse o Real Decreto 27/2018, de 28 de Decembro polo que se adoptan determinadas medidas en materia trubutaria.

No que respecta ós funcionarios acollidos ó mutualismo administrativo (no noso caso de (MUGEJU) establécese por fin a exención do IRPF para as prestacións de maternidade/paternidade e outras que se extende ós exercicios non prescritos (a partir do 2014 ata a actualidade, ou sexa os que foron pais e nais nos anos 2014,15,16 e 17, pois os do 18 xa o incluirán na declaración da renda a realizar este ano 2019)

Pois ben, a Axencia Tributaria confirma que non haberá formularios específico para os funcionarios do mutualismos administrativo.

Polo tanto, a solicitude de devolución pódese facer dende xa de forma telemático ou mediante a presentación do formulario PDF nas oficinas de rexistro.

Formulario PDF: SOLICITUD DEVOLUCIÓN IRPF MATERNIDAD/PATERNIDAD

Solicitude telemática: SOLICITUD DEVOLUCIÓN IRPF MATERNIDAD/PATERNIDAD TELEMÁTICA

 

Los comentarios están cerrados.