SPJ-USO INFORMA: O EDIFICIO DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CARECE DE SEGURIDADE ALGUNHA TÓDOLOS DÍAS A PARTIRES DAS 15.00 HORAS.

Resultado de imaxes para audiencia provincial de pontevedraOS FUNCIONARIOS DO DITO EDIFICIO, LEGALMENTE TEÑEN DEREITO A TRABALLAR, NA PARTE FLEXIBLE DO HORARIO, ATA AS 18:30 HORAS, E NO PLAN DE RECUPERACIÓN TRALA FOLGA ATA AS 20.00 HORAS, PERO A XUNTA DE GALICIA NON DOTA Ó EDIFICIO DE SEGURIDADE, NIN DE PERSOA ALGUNHA PARA ABRÍRLLELAS INSTALACIÓNS ÓS TRABALLADORES. 

Publicado en diversos medios de comunicación: A Voz de Galicia, Faro de Vigo, Diario de Pontevedra, Pontevedraviva, Cadena Ser, etc.

Transcribimos a continuación a nota de prensa remitida ós medios por SPJ-USO tralo resultado infructuoso dos escritos e xestións ante a Dirección Xeral de Xustiza:

NOTA DE PRENSA

 O SINDICATO PROFESIONAL DE XUSTIZA  SPJ-USO Galicia,  sindicato maioritario na Administración de Xustiza, mail spjusogalicia@fep-uso.es,  por medio do presente DENUNCIA:

O EDIFICIO DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CARECE DE SEGURIDADE ALGUNHA TÓDOLOS DÍAS A PARTIRES DAS 15.00 HORAS.

OS FUNCIONARIOS DO DITO EDIFICIO, LEGALMENTE TEÑEN DEREITO A TRABALLAR, NA PARTE FLEXIBLE DO HORARIO, ATA AS 18:30 HORAS, E NO PLAN DE RECUPERACIÓN TRALA FOLGA ATA AS 20.00 HORAS, PERO A XUNTA DE GALICIA NON DOTA Ó EDIFICIO DE SEGURIDADE, NIN DE PERSOA ALGUNHA PARA ABRÍRLLELAS INSTALACIÓNS ÓS TRABALLADORES.

 

SPJ-USO non permitirá  de ninguna maneira que a Xunta de Galicia siga sen dotar ó edificio de seguridade, ben a través de funcionarios da Garda Civil como hai no horario de mañá e ata as 15.00 horas, ou ben a través de seguridade privada.

A Orde de 18 de xuño de 2014 (vixente na actualidade), sobre horarios e calendario laboral nas oficinas da administración de xustiza galega, establece no seu artigo 4.4 que “La parte flexible del horario se distribuirá, a elección del empleado público, hasta al­canzar el tiempo de trabajo mensual previsto en el anexo de esta orden, y se podrá cumplir, de lunes a viernes, entre las 7.30 y las 9.00 horas y entre las 14.00 y las 18.30 horas.”.

Pois ben, a normativa queda en papel mollado dado o nulo interés da Dirección Xeral de Xustiza, que trala solicitude de SPJ-USO  o único que acordou foi ofrecer un “turno de tarde” ós gardas civiles que están de mañá para que algún deles voluntariamente fixese o horario de tarde, ó que todos se negaron, e ante a negativa, no canto de acordar nomear a un vixiante de seguridade para a dita tarefa, resolveu “aforrar os cartos”, eso sí, á costa dos dereitos dos traballadores e da seguridade e vixiancia de causas de incalculable importancia.

Non debemos esquecer que no edificio da Audiencia Provincial de Pontevedra, ademais da propia Audiencia coas 4 seccións correspondientes, tamén se ubican na actualidade, entre outros,  2 xulgados do Mercantil, 4 Xulgados do Social, a Mutualidade Xeral Xudicial, a oficina do Secretario Coordinador Provincial e as salas de vistas correspondientes que en múltiples ocasións están a celebrar xuizos mais alá das 15.00 horas, con NULA falta de seguridade.

Igualmente é evidente que se vulneran os dereitos dos traballadores, neste caso o dereito a realizar a parte flexible do horario a partires das 15.00 horas como establece a normativa vixente ó respecto.

Na práctica, cando os funcionarios chegan a facer o seu traballo mais alá das 15.00 horas, atópanse con que se o persoal de limpeza lles abre a porta poden acceder ós seus postos de traballo; noutro caso o acceso resulta imposible, e no caso de conseguir acceder, as condicións de seguridade son INEXISTENTES.

Polo anteriormente exposto é polo que, SPJ-USO denuncia e esixe que por parte da Dirección Xeral de Xustiza se nomee persoal para a seguridade do edificio da Audiencia Provincial a partires das 15.00 horas. Noutro caso, xunto coas traballadoras e traballadores do dito edificio, tomaremos medidas contundentes ata acadar o que é xusto.

En  Pontevedra,  a    22 de xaneiro de 2019.

Fdo.: Nilo Fernández Taboada en representación de SPJ-USO.

Los comentarios están cerrados.