SPJ-USO DENUNCIA A FORMA DE ACTUAR DA DXX SEN RUMBO NIN CRITERIO ALGÚN NAS COMISIÓNS DE SERVIZO, SUBSTITUCIÓNS e NOMEAMENTOS DE INTERINOS!!!

ℹ️ O pasado mércores 5 de marzo, a DXX ofertou para a súa cobertura por persoal interino duas prazas do corpo de Xestión P.A. na localidade de Pontevedra que son as seguintes:

  1. Praza de Xestión na Audiencia Provincial de Pontevedra, Seccción 1, VACANTE POR XUBILACIÓN dende o día 3 de marzo.
  2. Praza de Xestión no Xulgado de Primeira Instancia nº 1 de Pontevedra, VACANTE TEMPORALMENTE POR SER NOMEADO O TITULAR DESA PRAZA COMO LETRADO SUBSTITUTO.

SPJ-USO FOI O ÚNICO SINDICATO QUE ESIXIU EXPLICACIÓNS FORMALMENTE Á DXX por semellante forma de actuar, e SOLICITAMOS QUE OS NOMEAMENTOS DE INTERINOS SE CONSIDERASEN NOMEAMENTOS FALLIDOS, dado que as prazas non foron ofertadas no caso da primeira a COMISIÓN DE SERVIZOS e no caso da segunda a SUBSTITUCIÓN ENTRE TITULARES, conforme establece a normativa vixente.

No día de hoxe recibimos resposta da DXX onde no canto de rectificar expoñen que  «A autorización da cobertura mediante persoal interino das prazas da Audiencia Provincial de Pontevedra sección N.1 e do Xulgado de Primeira Instancia n.1 de Pontevedra, unha vez avaliada a situación concreta das unidades e o motivo da desocupación, débese a razóns de urxencia e de necesidade da cobertura das ditas prazas. Polo tanto, non se van a considerar como nomeamentos fallidos.»

😡😡 Evidentemente as  razóns de urxencia e necesidade nos supostos en cuestión brillan pola súa ausencia, mais tendo en conta que a praza da Audiencia Provincial se podía haber ofertado a Comisión de Servizos con anterioridade pois trátase dunha xubilación que a DXX coñece dende fai 3 meses e medio, tempo mais que suficiente para ofertar a praza a Comisión e adxudicala.

En todo caso, SPJ-USO VEN DE DENUNCIAR DE NOVO A SITUACIÓN E ESIXIR DA DXX QUE SE NOS REMITAN OS INFORMES CORRESPONDENTES QUE ACREDITEN AS DITAS CAUSAS DE URXENCIA DE COBERTURA DAS DITAS PRAZAS, e igualmente SOLICITAMOS SE NOS REMITA DETALLADAMENTE OS CRITERIOS A TER EN CONTA E OS REQUISITOS PARA CONSIDERAR A URXENCIA DA COBERTURA DAS PRAZAS, á vista desta nova forma de actuar SALTÁNDOSE O ESTABLECIDO NA NORMATIVA EN VIGOR DE COMISIÓNS DE SERVIZO E SUBSTITUCIÓNS.

Pois se ben é certo que a normativa establece a posibilidade de ofertar unha praza directamente a interinos en casos de urxencia, non é menos certo que eso non é unha práctica habitual e é de sobra coñecido que nos supostos que nos ocupan a urxencia brila pola súa ausencia.
SPJ-USO: Manterémosvos informados!!!
Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.