SPJ-USO 8M – «NIN UN PASO ATRÁS»

NIN UN PASO ATRÁS

«As mulleres non serán iguais fora do fogar mentres os homes non sexan iguais dentro del.» Gloria Steinem (1934), xornalista e escritora estadounidense considerada unha icona feminista da súa época.

Pasaron 91 anos e esa frase non pode seguir máis de actualidade. A loita pola igualdade dun colectivo, sexa cal sexa, nunca pode materializarse se non o acompaña toda a poboación. Agora vemos, con asombro, como sectores reaccionarios propugnan a volta ao ostracismo, a eliminación dos dereitos conquistados, creando un ambiente hostil para volver ao mundo da muller só dentro do fogar.

Para vivir nunha sociedade en liberdade os seus membros teñen que selo realmente. En calquera parte do mundo onde a metade da súa poboación non sexa valorada, nin escoitada igual que a outra metade non pode considerarse realmente libre xa que a igualdade non é un concepto abstracto, senón que ten que ser exercido.

O sufrimento que provoca o sistema patriarcal, especificamente na súa declinación social, económica e política, non se soporta máis.

Non querer traballos precarios, nin tarefas de coidados que só recaian en nós, nin sufrir a presión sobre os nosos corpos, nin brechas de xénero, nin unha sociedade que negue a violencia de xénero, nin comentarios, nin discursos misóxinos que ridiculicen ou nos menosprecen é unha esixencia pero sobre todo É UN DEREITO.

O 74% dos traballos a tempo parcial son exercidos por mulleres. As consecuencias inmediatas da parcialidade é a disparidade de oportunidades laborais presentes para as mulleres, a súa promoción e oportunidade de liderado asi como a brecha salarial, dato que nos demostra que as mulleres cobran un 18.6 % menos que os homes, de media. Sen dúbida o emprego precario e as malas condicións laborais teñen rostro de muller.

Non sei quen descubriría a auga, pero dubido que fose un peixe. Con esta frase, Patricia Leavy apunta no seu libro a dificultade que existe á hora de percibir obxectivamente os privilexios masculinos cando vivimos inmersos neles.

Desde SPJ-USO, cremos que a solución ao problema da desigualdade pasa necesariamente por un cambio cultural que leve á corresponsabilidade. A igualdade de hoxe en día non deixa de ser unha «igualdade falsa» e en moitos fogares séguese dando por feito que a muller ten que usar o seu tempo nas tarefas domésticas mentres que o home pode seguir nutrindo a súa faceta social ou a súa carreira profesional. Para que a igualdade exista a implicación de toda a sociedade é fundamental, e isto podémolo aplicar a calquera desigualdade (por razón da cor da pel, de orientación sexual..). É por iso que reivindicamos que, aínda que o día é de todas e cada unha das mulleres, A LOITA É DE TOD@S!!

OS VERDADEIROS CAMBIOS NON SON RÁPIDOS, LEVAN TRABALLO E ESFORZO, NON DEIXEMOS ISTO TAMÉN SÓ EN MANS DAS MULLERES.

ACCEDE AO MANIFESTO DE USO » SIN NOSOTRAS EL TRABAJO SE DETIENE»-manifiesto-8M-2025

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.