SPJ-USO: 8-M – Día Internacional da Muller – #ASÍ NON HAI PLAN!!!

Accede ó Manifiesto 8 de marzo 2021 de SPJ-USO

#A s í N o n H a i P l a n

As consecuencias da pandemia están sendo devastadoras para as mulleres. Cunha crise que afecta a todos os estratos da poboación e a todos os sectores, os datos son claros sobre a especial incidencia que terán nas mulleres. Segundo o Parlamento Europeo, o número de mulleres e nenas a nivel mundial que se atopa en estado de pobreza e exclusión social aumentará en 47 millóns, pasando a un total de 435 millóns.

As repercusións da pandemia presentan aspectos e consecuencias de xénero que están a facer retroceder os dereitos das mulleres sen un plan dos gobernos a todas as escalas xeográficas para paliar a situación.

Así non hai plan. Actualmente, atopámonos en plena crise nos sectores maioritariamente feminizados: o sector Servizos, cun turismo case imposible de recuperar con empresas en ERTE ou a piques de entrar en ERE pola crise sanitaria; as empregadas domésticas, cos seus dereitos sen equiparar ao resto dos traballos; con moitas xornadas en negro, soportando violencia no traballo, con cotizacións e xornadas inferiores ás dos homes xeralmente. Nesta crise, as mulleres de todos os sectores volven ser maiormente castigadas, ao comezo da
pandemia, había 1,1% máis de mulleres que de homes en ERTE, agora as mulleres xa son un 7,4% máis.

O Goberno aprobou en plena pandemia cos sindicatos máis representativos dúas normas importantes que desenvolven a Lei de Igualdade, os plans de igualdade e a normativa sobre igualdade salarial, documentos que non contaron coa presenza da USO-Galicia, e que seguen xerando moitas dúbidas sobre a súa aplicación. É necesario que a pandemia non sexa unha escusa para traballar pola igualdade e que se esixa que sigan cumpríndose estas normas a través de medidas obrigatorias para todas as empresas e, se fose necesario, sancionadoras,
pois o fin destas normas é que a través duns maiores salarios e cotizacións alcáncese a independencia económica e a igualdade no emprego que as mulleres sofren actualmente.

Así non hai plan. A pandemia causou tamén unha gran crise de coidados en todos os colectivos: menores, maiores e outros dependentes. O Goberno aprobou o plan Me Cuida, que se foi prorrogando. Pero resulta insuficiente para as familias, especialmente para as mulleres, que seguen soportando  maioritariamente as tarefas de coidados. O dilema entre coidar e traballar, ou o teletraballo forzoso empuxaron de novo a moitas mulleres para retomar as  tarefas de coidados e do fogar saíndo do mercado laboral ou asumindo a carga psicolóxica do “teletraballo conciliativo”.

Non, así non hai plan. E por iso dende USO-Galicia seguiremos traballando pola igualdade nas empresas, a través da negociación colectiva e nos plans de igualdade. Con todo, é unha tarefa moito máis ampla, con máis actores: consideramos necesario un plan de emerxencia para a igualdade no noso país. Ese plan debe pasar pola plena inclusión, sen condicionantes, das mulleres no mercado laboral; pola diminución da brecha salarial para fomentar a súa independencia económica; por unha educación de nenas e nenos sen  estereotipos de xénero; e por erradicar a violencia de xénero e o acoso en redes.

Así non hai plan. Por iso, é necesario que todas estas medidas tradúzanse nunha vida laboral que lles permita saír da pobreza e ser independentes, que diminúa o risco de caer en exclusión social e que non se retroceda en dereitos. Ese é o noso plan.

#A s í N o n H a i P l a n

Los comentarios están cerrados.