EGAP: CONVOCATORIA ACTIVIDADES FORMACIÓN CONTÍNUA EN MATERIA DE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO

ℹ➡📚RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.⤵⤵

DOGA: ACTIVIDADES FORMACIÓN CONTÍNUA EN MATERIA DE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (do 9 ó 23 de marzo).

▶As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula&gt; desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

▶O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

▶As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 h) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Amplía información aquí: ⤵⤵

DOGA: ACTIVIDADES FORMACIÓN CONTINUA EN MATERIA DE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.