SOLICITUDE DOS 3+3 DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES CORRESPONDENTES ÓS ANOS 2017 E 2018

 

   

PUBLICADO NA INTRANET DE XUSTIZA.

Publicouse na intranet a instrucción para pedir os 3+3 días adicionais correspondentes aos anos 2017 e 2018 a que fai referencia a disposición transitoria 2ª da Lei orgánica 4/2018, do 28 de Decembro.

«En relación co gozo dos días adicionais correspondentes aos anos 2017 e 2018 a que fai referencia a disposición transitoria segunda da Lei orgánica 4/2018, do 28 de Decembro, de reforma da Lei orgánica 6/1985, do 1 de Xullo, do poder xudicial, o persoal funcionario deberá solicitar eses días adicionais cubrindo a solicitude de permiso de asuntos propios dispoñible na aplicación informática OPAX, indicando no campo A cargo do no administratiavo o ano 2018 e debendo facer constar no campo Observacións o ano ao que corresponden os días solicitados (2017 ou 2018).

A solicitude dos referidos días será posible facela na OPAX A PARTIR DO 31/01/2019. Se algún funcionario, tendo esgotados os días pendentes de 2018, desexa gozar destes días ao longo do mes de xaneiro, deberá facer a solicitude por medio de escrito que enviará, vía fax, a delegación correspondente.

Lembramos que tanto os tres días adicionais correspondentes ao ano 2017 coma os tres días do ano 2018 poderán ser gozados ata o 31/12/2019. Por outra banda, tamén hay que salientar que os días de 2017 non se poderán acumular aos de 2018, nin aos de 2019 nin ás vacacións, e que igualmente os de 2018 tampouco se poderán acumular aos de 2019 nin ás vacións. Estes días adicionais serán concedidos sempre e cando as necesidades do servizo queden cubertas».

Los comentarios están cerrados.