No dia de hoxe, como xa vos informamos, tiña lugar a reunion entre a Dirección Xeral de Xustiza e as Organizacións sindicais do COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL.
A reunión realizabase a través do sistema de videoconferencia e ante as malas condicións do sistema de video e audio, o tratarse dun tema de unha máxima importancia e complexidade, dende SPJ-USO solicitouse a inmediata suspensión da mesma xa que non se daban as condicions optimas para o seu desenrolo. Asimesmo solicitamos a súa celebración o mas axiña posible para poder desenvolvela de forma presencial co co obxectivo de poder tratar e negociar de unha maneira acorde a transcendencia dos puntos da orde do día.
Tanto pola Dirección Xeral de Xustiza como por o resto das Organizacións sindicáis, consideraron que a petición feita por SPJ-USO era acorde e axeitada, polo que se acordou :
🔴NOVA REUNIÓN DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL DE FORMA PRESENCIAL PARA O VINDEIRO DIA 24 DE FEBREIRO DE 2023 AS 11 HORAS.
🔴E ASI MESMO SINALOUSE MESA SECTORIAL PARA O PRÓXIMO DIA 27 DE FEBREIRO DE 2023.