
RESUMO DA REUNIÓN DO 16/07/2021, DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE COAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS
INFORMACION SOBRE COVID 19
O director Xeral expón as seguintes: seguimos dispensando cada 15 días as máscaras quirúrxicas, as FFP2 seguen dispensándose para o persoal que sae as dilixencias de rúa e baixo demanda dispénsase o xel hidroalcohólico e as luvas.
Incrementáronse os biombos para tentar cubrir a maior superficie entre funcionarios e a xente.
Para a limpeza dos calabozos está a dispensarse dunhas bandas refugables para a desinfección dos mesmos e a protección para o persoal de limpeza.
O Director Xeral de Xustiza informa que hai un lixeiro incremento de xente confinada polo Covid-19. Hai 6 novos positivos entre funcionari@s de Xustiza e 3 entre Xuíces, Letrados, Fiscais.
O contrato de limpeza vaise prorrogar por dous meses mais (agosto e setembro). Despois, o novo contrato de limpeza, que terá un importe de 2.277.532,70 euros, deberá ser aprobado polo Consello da Xunta de Galicia.


















