SUBSTITUCIÓNS, CARREIRA PROFESIONAL, NOVA BOLSA DE INTERINOS, PRAZAS DE NOVA CREACIÓN, E OUTRAS CUESTIÓNS…
No día hoxe celebrouse mesa sectorial para debatir como punto principal a nova orde de substitucións presentada pola Dirección Xeral.
Desde SPJ-USO podemos congratularnos de que prácticamente todas as nosas peticións foron recollidas no texto presentado pola dxx.
NOVA NORMATIVA DE SUBSTITUCIÓNS:
A dirección xeral comprometeuse a estudiar a nosa alegación relativa a posible interpretación errónea entre o art. 5.2 e o 16.2 do borrador, no sentido de que unha vez que cese un funcionario nunha substitución non quede penalizado durante un ano.
Desgraciadamente dúas organización sindicais (UGT e a CIG) ameazaron con destruír todo o esforzo e traballo feito no beneficio de todos os traballadores da xustiza galega mediante a interposición de sendos recursos contra ás ordes de substitucións e comisións de servizo. A pesar da experiencia negativa que todavía estamos a sufrir polos recursos temerarios interpostos contra a nosa traxectoria profesional, diversas organizacións sindicais insisten en xudicializar os intereses de todos os traballadores da xustiza, tanto os galegos como os de fóra da comunidade.
Lembrámosvos que principais novidades, como xa adiantamos anteriormente, son as seguintes:
PRAZAS QUE SE OFERTARÁN EN SUBSTITUCIÓN: LICENCIAS (incluídas licencias por enfermidade – IT) E PERMISOS DE LARGA DURACIÓN, PRAZAS NON OCUPADAS TRAS SER OFERTADAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS, E PRAZAS DESOCUPADAS POR ESTAR O SEU TITULAR EN COMISIÓN DE SERVIZOS.
LONGA DURACIÓN: enténdese longa duración unha duración previsible de 61 días naturais ou mais. PREFERENCIA: SUBSTITUCIÓNS VERTICAIS SOBRE AS HORIZONTAIS.
A praza desocupada por estar o seu titular en SUBSTITUCIÓN será cuberto en todo caso por persoal INTERINO.
REQUISITOS DOS SOLICITANTES: Funcionarios destinados en Galicia en servizo activo e prestando efectivamente servizos; caso de estar desempeñando un posto en Comisión ou Substitución deben levar 6 meses no posto respectivo.
SEMPRE TEÑEN PREFERENCIA OS FUNCIONARIOS DO MESMO ÓRGANO, E DE HABER VARIOS INTERESADOS VAISE AOS SERVIZOS PRESTADOS NO MESMO CENTRO DE DESTINO, E DE SEGUIR O EMPATE MAIOR TEMPO DE SERVIZOS PRESTADOS NO CORPO. SOLICITUDES: PRAZO DE 3 DÍAS E TELEMATICAMENTE A TRAVÉS DA OPAX
No caso de prazas ofertadas en comisión de servizo, no caso de non haber solicitantes que cumpran os requisitos, coa resolución de adxudicación provisional de comisión de servizos, iníciase de oficio a tramitación para cobertura en substitución das ditas prazas, coa finalizade de acurtar temporalmente a cobertura da praza.
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN de SUBSTITUCIÓNS – PREFERENCIA:
1º: MESMO ÓRGANO
2º: MESMO CENTRO DE DESTINO – DE HABER VARIOS INTERESADOS MAIOR TEMPO DE SERVIZOS NO CENTRO DE DESTINO, E CASO DE EMPATE, MAIOR ANTIGÜIDADE NO CORPO.
CAUSAS DE CESE NAS SUBSTITUCIÓNS: Incorporación do titular ou remate da causa que motivou a substitución, renuncia do substituto ou adxudicación de novo posto definitivo (concurso) ou provisional. A RENUNCIA a unha SUBSTITUCIÓN será penalizada coa imposibilidade de obter nova SUBSTITUCIÓN durante UN ANO.
NOVIDADE IMPORTANTE: na nova normativa DESAPARECE A PREFERENCIA POR TER CESADO NUNHA SUBSTITUCIÓN ANTERIOR ANTES DE TRANSCORRER O PERÍODO MÍNIMO DE 6 MESES.
GRAVE PROBLEMAS COAS NOTIFICACIÓNS DE LEXNET
SPJ-USO denunciou na mesa sectorial de hoxe o problema xurdido coa nova aplicación de LexNet. Este sindicato considera INACEPTABLE que nas notificacións apareza o nome, apelidos e o DNI do funcionari@ que a practica. Desde este sindicato consideramos que esta actuación pode vulnera o dereito a protección de datos dos funcionarios da administración de Xustiza. Esiximos a DXX que artelle inmediatamente as medidas necesarias para terminar con esta práctica.
A dirección xeral manifestounos que o CAU do Ministerio ía facer no día de hoxe unha intervención exprés para solventar inicialmente o problema coa aparición dos datos de que realiza a notificación nos novos documentos, para posteriormente solventaloa corrección de forma definitiva no panel de sinaturas. Parece ser que o cargar a nova versión de LexNet5.1 reproduciron un erro que xa se repetiu fai unhos anos. En todo caso, a dxx pensa que o lunes 16 de maio a máis tardar, estará solventado está “incidencia”.
SITUACIÓN ACTUAL DA TRAXECTORIA PROFESIONAL
Dende o órgano director da administración de Xustiza en Galicia manifiestan que debido ós recientes cambios de goberno están a espera dos novos nomeamentos, sen que haxa cambios con respecto o fondo do acordo da traxectoria. Tamén están pendientes do acordo que se alcance en función pública con relación o persoal interino dos corpos xerais da Xunta, que directamente inflúe na nosa traxectoria.
OUTRAS CUESTIÓNS:
- Bolsa de interinos: anuncia que a baremación provisional estará a finales deste mes de maio, sin que a día de hoxe poidan precisar datas para as listas provisionais nin as definitivas.
- Prazas nova creación: Xa están aprobadas polo Ministerio as prazas de nova creación solicitadas desde Galicia. Únicamente queda por tramitar a modificación das RPTs das dúas prazas do Imelga e 11 de Fiscalía. A maiores dentro das de Fiscalía hai dúas prazas singularizadas que esixen un informe de Dirección Xeral de Función Pública e orzamentos. Lembrámosvos que todas estas prazas son fruto dos acordo firmados por SPJ-USO no ano 2018 e seguintes, conseguidos con moito esforzo negociador por parte deste sindicato.ESTAS PRAZAS OFRECERANSE A COMISIÓN DE SERVIZOS.
- Con relación a proceso de estabilización da Lei 20/2021 a dxx manifesta que en Galicia únicamente teñen constancia de 2 prazas suxeitas a este proceso.
Accede á circular da mesa sectorial 13 maio