
RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lle outorga destino ao persoal funcionario do corpo de médicos forenses, quenda libre, que superou as probas selectivas convocadas pola Orde PJC/1446/2024, do 10 de decembro, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.De conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, resolveuse adxudicarlles destinos nos órganos que se relacionan no anexo aos/ás integrantes do corpo de médicos forenses nomeados/as funcionarios/as de carreira pola Orde do 6 de xullo de 2026, tendo en conta o seguinte:
Os/as funcionarios/as do corpo de médicos forenses aos/ás que se lles outorga destino nesta resolución deberán tomar posesión do seu cargo no correspondente departamento territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes dentro do prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido no artigo 29 do citado real decreto e no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O persoal funcionario interino que actualmente ocupe prazas que lles fosen adxudicadas aos aspirantes aprobados cesará o mesmo día en que se produza a toma de posesión do titular.
Os/as funcionarios/as do corpo de médicos forenses aos cales se lles outorga destino en virtude desta resolución non poderán participar en concurso de traslados ata que transcorran dous anos desde a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos observarase o establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.
AMPLIA INFORMACIÓN DOG E NO BOE:
NOMEAMENTO:
CCAA GALICIA:
- https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260723_gl.html
- https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2026-16024
OUTROS ÁMBITOS


















