PUBLICADO NO DOGA DE HOXE, 2-10-20, O RECOÑECEMENTO NAS RETRIBUCIÓNS ADICIONAIS DOS XESTORES/SECRETARIOS DOS XDOS. DE PAZ


Aprobada a modificación de retribucións adicionais dos/as xestores/as procesuais con funcións de secretarios/as dos xulgados de paz

SPJ-USO consigue despois de gañar múltiples sentenzas en todas as provincias galegas (que deron orixen a centos de extensións de efectos das sentenzas), que a propia Administración galega recoñeza, despois de anos de negociación con este sindicato, directamente e sen reclamacións administrativas e demandas xudiciais o recoñecemento, para os efectos de retribuir, un Punto adicional aos Xestores que desempeñen funcións de Secretarios dos Xulgados de Paz.

Entre as sentenzas cítanse, entre elas, as dcitadas nos procedementos   abreviados nº 346/2012, 261/2011 y 386/2012, de los Juzgados de los Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo, nº 2 de A Coruña y Nº 1 de Pontevedra, y recursos de apelación dictados por la Sala de lo Contencioso Administrativo, Sección 1ª, Recurso de apelación 417/2015 y 294/2016.

ACÓRDASE:

1. Modificar as retribucións asignadas ao posto de xestor/a procesual secretarios/as xulgados de paz (IV-D) para os efectos de retribuír, nun punto adicional (28,62 € mensuais), o desempeño das funcións de secretaría nos xulgados de paz por parte do persoal que ocupe o devandito posto.

2. Este punto adicional percibirase en 12 mensualidades e seranlle de aplicación asactualizacións previstas nas leis de orzamentos xerais do Estado para as retribucións complementarias do persoal ao servizo da Administración de xustiza.
3. A percepción deste punto adicional manterase mentres non se produzan os procesos de integración dos funcionarios nas relacións de postos de traballo aprobadas conforme o disposto na Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, de modificación da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.
4. A presente modificación afectará aquel persoal que, nos cinco anos anteriores á data e entrada en vigor deste acordo, ocupase o posto de xestor/a procesual secretarios/as xulgados de paz (IV-D) nun xulgado de paz da Comunidade Autónoma de Galicia e desempeñase as funcións de secretaría. Para o pagamento dos atrasos terase en conta o valor do punto establecido para cada anualidade, e será proporcional ao tempo de servizos efectivamente prestados no posto.
5. O exposto neste acordo non lle será de aplicación ao persoal que percibise a liquidación correspondente en virtude de execución de resolución xudicial firme ou por calquera outra causa.
6. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación.

ACCEDE AO DOG, 2-10-2020, PUNTO XULGADO DE PAZ

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.

Descubre más desde SPJ-USO Galicia

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo