PUBLICADO NO DOG DE HOXE, A NOVA RPT DAS FISCALÍAS!!

NO DOG DE HOXE, 17 DE NOVEMBRO, PUBLICASE A RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2022 pola que se modifica a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a Resolución do 26 de marzo de 2015, publicouse a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia, cuxa estrutura e organización foi determinada polo Decreto 124/2014, do 11 de setembro (DOG núm. 186, do 30 de setembro), e que foi aprobada con carácter definitivo polo Ministerio de Xustiza pola Orde JUS/660/2015, do 25 de marzo (BOE núm. 92, do 17 de abril). Posteriormente, pola Resolución do 12 de novembro de 2015 (DOG núm. 225, do 25 de novembro), e pola Resolución do 1 de xullo de 2020 (DOG núm. 138, do 13 de xullo), modifícase a devandita relación de postos de traballo.

De acordo co artigo 523 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, unha vez aprobadas as relacións de postos iniciais, a Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia para aprobar as súas modificacións. En todo caso, as modificacións das RPT iniciais que se produzan deberán contar con informe previo do Consello Xeral do Poder Xudicial e, para a súa efectividade, é preceptiva a comunicación previa ao Ministerio de Xustiza.

Polo exposto, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Negociación e o Consello Xeral do Poder Xudicial, e comunicada a modificación ao Ministerio de Xustiza,

ACORDOUSE: 

Aprobar a modificación da relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia que figura no anexo da presente resolución.

ACCEDE A RESOLUCIÓN DO DOG 👇🏻👇🏻👇🏻

AnuncioV0654-091122-0001_gl

Aprobar a modificación da relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia que figura no anexo da presente resolución.

 

Los comentarios están cerrados.