PUBLICADAS NO DOG AS FESTAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DO CALENDARIO LABORAL DO 2025

Publicado no DOG o DECRETO 171/2024, do 8 de xullo, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2025.

Accede ao Decreto publicado aquí.

👉 As festas do calendario laboral para Galicia no 2025 que se determinan son: ⤵️⤵️

  • 🔴 Aninovo (1 de xaneiro).
    🔴 Epifanía do Señor (Día de Reis – 6 de xaneiro).
    🔴 Xoves Santo (17 de abril).
    🔴 Venres Santo (18 de abril).
    🔴 Festa do Traballo (1 de maio).
    🔵 Día dás Letras Galegas (17 de maio) 👉 sábado.
    🔵 Día Nacional de Galicia (25 de xullo).
    🔴 Asunción da Virxe (15 de agosto).
    🔴 Todos os Santos (1 de novembro) 👉 sábado.
    🔴 Día da Constitución Española (6 de decembro) 👉 sábado.
    🔴 Inmaculada Concepción (8 de decembro. e
    🔴 Natividad do Señor (25 de decembro).

En 2025 teremos 9 + 2 (por coincidir en sábado o 1 de novembro e o 6 de decembro; festivos nacionais non substituibles) = 11 días de ASUNTOS PARTICULARES + os canosos.

– Os 2 festivos autonómicos encádranse nos 14 que fixa a normativa estatal.
– Destes 14, dous son elixidos por cada concello.
– Dos outros 12 restantes nove son de carácter obrigatorio e non intercambiables a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo (18 de abril en 2025), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro.
– No 2025 hai un festivo nacional de carácter obrigatorio que coincide en domingo: é o 12 de outubro (Festa Nacional de España), que a Xunta substituíu polo 17 de maio, Día dás Letras Galegas.
– Os outros tres festivos de carácter nacional son opcionais, é dicir, poden ser substituídos polas comunidades autónomas: o 6 de xaneiro, que en Galicia nunca se cambia, agás que coincida en domingo; e o Xoves Santo (que en 2025 celebrarase o 17 de abril), que na comunidade galega non se modifica de maneira tradicional; ás comunidades dáselles a opción de de escoller como opcional entre o 19 de marzo e o 25 de xullo. A Xunta sempre elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo.

⚫ NOTA: O 17 de maio, día das letras galegas, a pesar de coincidir en sábado non xera dereito a un día a maiores de asuntos particulares conforme á normativa actual por ser festivo autonómico.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.