
PUBLICADA NO DOG A RESOLUCIÓN CO ACORDO SOBRE A CARREIRA PROFESIONAL PARA GALICIA
Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de decembro de 2025, polo que se aproba o acordo acadado o 2 de decembro de 2025 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, UGT e CC.OO. para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
Este acordo ten por obxecto regular o procedemento para o acceso extraordinario aos graos I, II e III do sistema transitorio de traxectoria profesional para o persoal funcionario, sempre que non obtivese o recoñecemento dalgún grao na convocatoria anterior publicada mediante a Resolución do 25 de marzo de 2024 (DOG núm. 67, do 5 de abril), e a conseguinte percepción da retribución adicional ao complemento de determinación autonómica (CAT/CE), establecida como retribución complementaria de carácter fixo segundo o correspondente corpo ou escala.
O prazo de presentación de solicitudes será:
• Graos I e II:
Todos os corpos: 30 días hábiles contados desde o 2 de marzo de 2026.
• Grao III:
Todos os corpos: 30 días hábiles contados desde o 2 de marzo de 2026.
ACCEDE Á RESOLUCIÓN APROBA O ACORDO SOBRE A TRAXECTORIA PROFESIONAL


















