PUBLICADO NA INTRANET O DECRETO CO SERVIZO PARA AS SECCIÓNS DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER DE OURENSE E SANTIAGO DE COMPOSTELA
Con motivo da entrada en vigor do Real decreto 422/2025, do 3 de xuño, que crea novas seccións de violencia contra a infancia e a adolescencia e amplía o persoal do Ministerio Fiscal, a Xunta de Galicia habilitou un servizo de traslado para todas as persoas citadas xudicialmente nas seccións de violencia sobre a muller dos tribunais de instancia de Santiago de Compostela e Ourense, cando estas se atopen noutro partido xudicial distinto ao da sede da sección.
O decreto amplía a xurisdición destas seccións aos seguintes partidos xudiciais:
Santiago de Compostela: Noia, Arzúa, Ribeira, Negreira, Muros, Padrón e Ordes.
Ourense: Verín, O Carballiño, Xinzo de Limia, Ribadavia, Celanova e Bande.



















