PUBLICADO NO DOG DE HOXE 29/6:
RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2022 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
CONVOCATORIA DE ACCIÓN SOCIAL 2022
🔴 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 15 DIAS HÁBILES – ATA O 20 DE XULLO.
🔴 TERÁN A CONDICIÓN DE BENEFICIARIOS:
Os solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33% que reúnan os requisitos establecidos e os solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nos apartados anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33%.
Poden solicitar acción social:
Poderán solicitar as axudas os funcionarios de carreira e interinos dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial.
O persoal referido no parágrafo anterior deberá estar, no prazo de presentación das solicitudes, en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de fillos e ter destino nesta comunidade autónoma, así como reunir os restantes requisitos exixidos polo presente programa de atención de persoas discapacitadas do Fondo de Acción Social.
Tamén poden solicitar a axuda:
a) Aquelas persoas que prestaran servizos como funcionarios interinos da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (día 17.6.2021) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.
b) Os funcionarios de carreira da Administración de xustiza que durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (17.6.2021) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria prestaran servizos nesta comunidade autónoma e se xubilaran durante o dito período.
Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Solicitude e formas de presentación:
As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web opax.xunta.es.
Dende SPJ-USO, mostramos o noso rexeitamento a esta “acción social recortada” e instamos de novo á DXX que se recollan e inclúan as alegacións feitas por este sindicato:
🔴 A reposición dos programas existentes antes do ano 2011, é dicir:
☑️ AXUDA POR FILLOS
☑️ AXUDA DE ESTUDOS DE FUNCIONARIOS E FILLOS
☑️ A INCLUSIÓN DE ENFERMEDADES CRÓNICAS COMO PODEN SER O KRON.
☑️ E POR SUPOSTO, MANTENDO O ÚNICO PROGRAMA QUE HAI NA ACTUALIDADE, O DE DISCAPACIDADE.
E todo isto chegando o 1% da masa salarial, e non aportando a ridícula cantidade de 21.911 euros, nun colectivo de máis de 2.500 funcionarios, cando no ano 2011 sobrepasou os 200.000 euros.
Accede ao arquivo PDF:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220629/AnuncioV0654-140622-0004_gl.html