PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CELGA 2010

No DOG de hoxe, 8.2.2010, publicase a Resolución do 22 de xaneiro de 2010, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2010.

No ano 2010, realizaranse 3 convocatorias:
-Convocatoria de maio de 2010, para Galicia.

– Convocatoria de outubro de 2010, para América.
-Convocatoria de novembro de 2010, para Galicia, resto do Estado español e Europa.

Prazo de inscrición:
Para a convocatoria de maio de 2010 (Galicia): ata o día 25 de marzo de 2010 (inclusive).
Para a convocatoria de novembro de 2010 (Galicia, resto do Estado español e Europa): ata o día 8 de outubro de 2010 (inclusive).

Datas de realización das probas.

Convocatoria de maio:
Celga 4: 22 de maio de 2010.
Celga 2: 23 de maio de 2010.
Celga 3: 29 de maio de 2010.
Celga 1: 30 de maio de 2010.

Convocatoria de novembro:
Celga 4: 20 de novembro de 2010.
Celga 2: 21 de novembro de 2010.
Celga 3: 27 de novembro de 2010.
Celga 1: 28 de novembro de 2010.

Lugares onde se van realizar as probas e horario.

En Galicia, as probas realizaranse nas seguintes localidades: A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo. As persoas interesadas deberán sinalar na solicitude de inscrición a localidade en que se van presentar.

No Estado español: Barcelona, Bilbao, Cáceres, Granada, Madrid, Murcia, Salamanca, Vitoria e Alacante.

Contía das taxas de exame.

Segundo o previsto na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, o importe da taxa para inscribirse nas probas Celga será de 15,61 euros.

Inscrición para a realización das probas.

Poderase realizar mediante a presentación da solicitude que figura no anexo desta convocatoria. Enviaranse á sede central da Secretaría Xeral de Política Lingüística se pretende presentarse ás probas en Santiago de Compostela ou aos gabinetes provinciais de Política Lingüística das provincias en que pretenda realizar as probas. Na web www.xunta.es/linguagalega figura un formulario que permite cubrir e editar a solicitude. Tamén figura unha ligazón para efectuar o pagamento telemático da taxa.

Publicación da listaxe provisional  e definitiva de admitidos/a e publicación dos resultados das probas:- Na  web www.xunta.es/linguagalega, no prazo de 2 meses desde a realización dos exames.

Los comentarios están cerrados.