Posta en marcha do novo control horario (Kronos)

65Pola DXX remitiusenos o seguinte comunicado en relación coas datas de implantación do novo sistema de fichaxe (Kronos)nas oficiñas xudiciais de Galicia: «…Finalizada a primeira fase de implantación da fichaxe no posto de traballo nas sedes da Administración de Xustiza en Santiago de Compostela, está prevista a ampliación deste sistema ao resto de órganos da Administración de Xustiza en Galicia, incluídos os Xulgados de Paz con persoal funcionario.

O anterior sistema de  xustificación do cumprimento do horario, a través da fichaxe nas máquinas dos edificios xudiciais ou a través de partes de sinatura,  deixará de ter efecto no momento que se habilite a fichaxe no PC do posto de traballo. As máquinas existentes nos edificios xudiciais quedarán desactivadas,  sendo a fichaxe no PC do posto de traballo a única válida a efectos de xustificación do cumprimento do horario. No caso de non disponer de terminal informático propio, a fichaxe poderase realizar en calquera outro PC do centro de traballo.

Na intranet de Xustiza atópase a disposición dos usuarios unha guía de uso e preguntas frecuentes para resolver as posibles dúbidas que xurdan na utilización do novo sistema de fichaxe.

Dirección web: http://intranetxustiza.xunta.es/web/d.x.xustiza/kronos

CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN DO SISTEMA DE FICHAXE NO PC DO POSTO DE TRABALLO (KRONOS):

Semana do 10 de decembro

Cangas

Dia 2 de Xaneiro

Betanzos, Ribeira, Lugo, Ourense, Cambados, Ponteareas, O Porriño, Vilagarcia de Arousa.

Día 1 de Febreiro

A Coruña, Arzúa, Carballo, Corcubión, Muros, Negreira, Noia, Ordes, Ortigueira, Padrón, Becerreá, Chantada, A Fonsagrada, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Vilalba, Viveiro, Bande, Barco de Valdeorras, Carballiño, Celanova, Pobra de Trives, Ribadavia, Verín, Xinzo de Limia, Caldas, Estrada, Marín, Lalín, Pontevedra, Redondela, Tui.

Día 1 de Marzo

Vigo e Ferrol

1 de Marzo

Xulgados de paz con personal funcionario.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.