NOVIDADES NAS INCAPACIDADES TEMPORAIS (IT) ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE PARA OS FUNCIONARIOS ENCADRADOS, A EFECTOS SANITARIOS, NO RÉXIME DA SEGURIDADE SOCIAL A PARTIR DO 1 DE ABRIL.
A partir do 1 de abril, e trala publicación no Boe do RD 1060/2022, que modifica o RD 625/14 (https://www.boe.es/eli/es/rd/2022/12/27/1060) que regula a xestión e control dos procesos de incapacidade temporal, elimínase a obriga de presentar, polo funcionario, e sempre que pertenza a efectos sanitarios á seguridade social, o parte de baixa médica ou alta, que deberá ser remitido polo Sergas á Xunta telemáticamente.
No caso dos funcionarios pertencentes á MUXEXU, que dependan a efectos sanitarios das mutuas, deberán seguir presentando igualmente os partes correspondentes.
A nova normativa afecta a tódolos procesos de Incapacidade temporal en curso, sempre que na data de entrada en vigor, o 1 de abril, non teñan superado os 365 días de duración.


















